Isabelle Adjani
Isabelle Yasmina Adjani, nada en París o 27 de xuño de 1955 é unha actriz e cantante francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adjani naceu en París. A súa nai era unha católica bávara e o seu pai un musulmán de Iferhounène, na Cabilia.[1] A súa nai Emma Augusta Schweinberger coñeceu o seu pai Mohammed Adjani preto do final da segunda guerra mundial, cando el estaba no exército francés. Casaron e volveron xuntos a París, sen falar francés.[2] Isabelle creceu bilingüe, falando francés e alemán.[3] Tras gañar un concurso escolar de recitado, comezou a actuar aos doce anos no teatro afeccionado, debutando no cinema con catorce anos en Le Petit bougnat (1970). Inicialmente conseguiu sona coma actriz clásica da Comédie française, á que se uniu en 1972, pero axiña deixou o teatro para seguir unha carreira cinematográfica.
Tras papeis pequenos, tivo un pequeno éxito no filme de 1974 La Gifle. François Truffaut viu o filme e contratouna como protagonista de L’histoire d’Adèle H. (1975). Recibiu excelentes críticas pola súa interpretación[1] e foi candidata ao Oscar á mellor actriz con só dezanove anos.
Interpretou a Lucy no filme Nosferatu: Phantom der Nacht do director Werner Herzog, que foi un éxito de crítica e de público en Europa. En 1982 recibiu o primeiro dos seus cinco premios César polo filme de terror Possession (1981).
En 1988 coproduciu e protagonizou o filme biográfico Camille Claudel sobre a escultora homónima, pola que recibiu a súa segunda candidatura ao Oscar.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Personaxe | Director | Notas |
---|---|---|---|---|
1970 | Le Petit bougnat | Rose | Bernard Toublanc-Michel | |
1972 | Faustine et le bel été | Camille | Nina Companeez | |
1973 | L'école des femmes | Agnès | Raymond Rouleau | Telefilme producido pola Comédie-Française |
1974 | L'avare | Mariane | René Lucot | Telefilme producido pola Comédie-Française |
Le secret des Flamands | Maria | Robert Valey | Telefilme | |
La Gifle | Isabelle Doulean | Claude Pinoteau | ||
Ariane | Ariane | Pierre-Jean de San Bartolomé | ||
1975 | L’histoire d’Adèle H. | Adèle Hugo | François Truffaut | |
Ondine | Ondine | Raymond Rouleau | Telefilme | |
1976 | The Tenant | Stella | Roman Polanski | |
Barocco | Laure | André Téchiné | ||
1977 | Violette et François | Violette Clot | Jacques Rouffio | |
1978 | The Driver | Xogadora | Walter Hill | |
1979 | Nosferatu: Phantom der Nacht | Lucy Harker | Werner Herzog | |
Les sœurs Brontë | Emily Brontë | André Téchiné | ||
1981 | Clara et les Chics Types | Clara | Jacques Monnet | |
Possession | Anna/Helen | Andrzej Żuławski | ||
Quartet | Marya Zelli | James Ivory | ||
L'Année prochaine... si tout va bien | Isabelle Maréchal | Jean-Loup Hubert | ||
1982 | Tout feu, tout flamme | Pauline Valance | Jean-Paul Rappeneau | |
The Last Horror Film | Ela mesma | David Winters | ||
Antonieta | Antonieta Rivas Mercado | Carlos Saura | ||
1983 | Mortelle randonnée | Catherine Leiris/Lucie, 'Marie' | Claude Miller | |
L’été meurtrier | Eliane coñecida coma 'Elle' | Jean Becker | ||
1984 | Pull marine | Luc Besson | ||
1985 | Subway | Héléna | Luc Besson | |
1986 | T'as de beaux escaliers tu sais | Isabelle | Agnès Varda | Curtametraxe |
1987 | Ishtar | Shirra Assel | Elaine May | |
1988 | Camille Claudel | Camille Claudel | Bruno Nuytten | |
1990 | Lung Ta: Les cavaliers du vent | Narradora | Marie-Jaoul de Poncheville Franz-Christoph Giercke |
|
1993 | Toxic Affair | Pénélope | Philomène Esposito | |
1994 | A raíña Margot | Margot | Patrice Chéreau | |
1996 | Diabolique | Mia Baran | Jeremiah S. Chechik | |
1998 | Paparazzi | Herself | Alain Berbérian | |
1999 | Bonne Nuit | Yvette | ||
2002 | La Repentie | Charlotte/Leïla | Laetitia Masson | |
Adolphe | Ellénore | Benoît Jacquot | ||
2003 | Bon voyage | Viviane Denvers | Jean-Paul Rappeneau | |
Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran | The Star | François Dupeyron | ||
2008 | Figaro | Countess Almaviva | Jacques Weber | |
La journée de la jupe | Sonia Bergerac | Jean-Paul Lilienfeld | ||
2010 | Mammuth | The Lost Love of Serge | Gustave de Kervern Benoît Delépine |
|
2011 | Aïcha | Doctor Assoussa | Yamina Benguigui | Serie de televisión |
De Force | Clara Damico | Frank Henry | ||
2012 | David et Madame Hansen | Madame Hansen-Bergmann | Alexandre Astier | |
2013 | Ishkq in Paris | Marie Elise | Prem Raj | |
2014 | Sous les jupes des filles | Lili | Audrey Dana |
Discografía
[editar | editar a fonte]- Pull marine (1983; escrito e producido por Serge Gainsbourg)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 People Magazine. "Isabelle Adjani Has the Face That's Launching a Thousand Scripts". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2012.
- ↑ Isabelle Adjani : « Mon père, kabyle, s'était engagé dans l'armée française à 16 ans, et c'est en remontant d'Italie jusqu'en Bavière à la fin de la seconde guerre mondiale qu'il rencontre et séduit ma mère » Entrevista a Isabelle Adjani, Télérama, 31 de marzo de 2009
- ↑ Kemp, Philip. "Isabelle Adjani". Film Reference. Consultado o 8 de setembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabelle Adjani |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adjani, Isabelle (1980). Isabelle Adjani in : Jean-Luc Douin (Hrsg.): Comédiennes aujourd'hui : au micro et sous le regard. París: Lherminier. ISBN 2-86244-020-5
- Austin, Guy (2003). Foreign bodies: Jean Seberg and Isabelle Adjani, S. 91–106 en: ders., Stars in Modern French Film. Londres: Arnold. ISBN 0-340-76019-2
- Austin, Guy (2006). Telling the truth can be a dangerous business : Isabelle Adjani, race and stardom, en : Remapping World Cinema : Identity, Culture and Politics in Film, herausgegeben von Stephanie Dennison und Song Hwee Lim, Londres: Wallflower Press. ISBN 1-904764-62-2
- Halberstadt, Michèle (2002). Adjani aux pieds nus – Journal de la repentie. París: Editions Calmann-Lévy. ISBN 2-7021-3293-6
- Roques-Briscard, Christian (1987). La passion d'Adjani, Lausanne et al.: Favre. ISBN 2-8289-0279-X
- Zurhorst, Meinolf (1992). Isabelle Adjani. Ihre Filme – Ihr Leben. Heyne Film – und Fernsehbibliothek, Band 163. Múnic: Heyne. ISBN 3-453-05238-2
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Isabelle Adjani na IMDb (en inglés).