Intensidade luminosa
En fotometría, a intensidade luminosa defínese como a cantidade de fluxo luminoso que emite unha fonte por unidade de ángulo sólido. A súa unidade de medida no Sistema Internacional de Unidades é a candela (cd). Matematicamente, a súa expresión é a seguinte:
onde:
- é a intensidade luminosa, medida en candelas.
- é o fluxo luminoso, en lumens.
- é o elemento diferencial de ángulo sólido, en estereorradiáns.
A intensidade luminosa pódese definir a partir da magnitude radiométrica da intensidade radiante sen máis que ponderando cada lonxitude de onda pola curva de sensibilidade do ollo. Así, se é a intensidade luminosa, representa a intensidade radiante espectral e simboliza a curva de sensibilidade do ollo, entón:
Intensidade luminosa e diferentes tipos de fontes
[editar | editar a fonte]En fotometría, denomínase fonte puntual aquela que emite a mesma intensidade luminosa en todas as direccións consideradas. Un exemplo práctico sería unha lámpada. Polo contrario, denomínase fonte ou superficie reflectora de Lambert aquela na que a intensidade varía co coseno do ángulo entre a dirección considerada e a normal á superficie (ou eixe de simetría da fonte).
Unidades
[editar | editar a fonte]Unha candela defínese como a intensidade luminosa dunha fonte de luz monocromática de 540 THz que ten unha intensidade radiante de 1/683 vatios por estereorradián, ou aproximadamente 1.464 mW/sr. A frecuencia de 540 THz corresponde a unha lonxitude de onda de 555 nm, que se corresponde coa luz verde pálida preto do límite de visión do ollo. Xa que hai aproximadamente 12.6 estereorradiáns nunha esfera, o fluxo radiante total sería de aproximadamente 18.40 mW, se a fonte emitise de forma uniforme en todas as súas direccións. Unha candea corrente produce con pouca precisión unha candela de intensidade luminosa.
Magnitude | Símbolo | Unidade do SI | Abrev. | Notas |
---|---|---|---|---|
Enerxía luminosa | Qv | lumen segundo | lm·s | Ás veces úsase a denominación talbot, allea ao SI |
Fluxo luminoso | F | lumen (= cd·sr) | lm | Medida da potencia luminosa percibida |
Intensidade luminosa | Iv | candela (= lm/sr) | cd | Unha unidade básica do SI |
Luminancia | Lv | candela por metro cadrado | cd/m2 | Ás veces úsase a denominación nit, allea ao SI |
Iluminancia | Ev | lux (= lm/m2) | lx | Usado para medir a incidencia da luz sobre unha superficie |
Emitancia luminosa | Mv | lux (= lm/m2) | lx | Usado para medir a luz emitida por unha superficie |
Eficacia luminosa | η | lumen por vatio | lm/W | razón entre fluxo luminoso e fluxo radiante |