Illa Starbuck
Starbuck | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Kiribati |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas da Liña |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 25 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 05°37′S 155°56′O / -5.617, -155.933 |
Maior Altura | 6–8 m. |
Localización | |
A Illa Starbuck, tamén coñecida como Illa Volunteer, é un atol coralino plano e baixo deshabitado do océano Pacífico central. É parte das Illas da Liña pertencentes á República de Kiribati. A illa recibiu múltiples denominacións: Illa Varren, Illa Coral Queen, Illa Hero, Illa Low, Illa Starve e Illa Volunteer.
Non hai auga doce na illa, que é unha das illas máis secas no grupo das illas da liña. As precipitacións medias anuais da illa son de aproximadamente 800 mm..
Mide 8.9 km de leste para oeste e 3.5 km de norte a sur. A Illa Starbuck foi descuberta en 1823 por Valentine Starbuck,[Cómpre referencia] capitán dun buque baleeiro británico. Reclamada por Estados Unidos en 1856 baixo o Acta de Illas Guaneras, pero controlada por Gran Bretaña logo de 1866, a Illa Starbuck converteuse en exportadora de fosfato entre 1870 e 1893. Debido á súa baixa altitude (o punto máis alto da illa mide só 5 metros), a illa está rodeada por arrecifes perigosos, que a finais do século XIX, provocaron o naufraxio dun innúmero de naves.
A Illa Starbuck foi designada como unha área protexida polas Nacións Unidas, e é o fogar dunha colonia de gaviotine apizarrados (Sooty terns).
-
Interior seco da illa
-
A endémica Bidens kiribatiensis
-
Parede en ruínas, cuberta de Pohuehue (Ipomoea pes-caprae) na Illa de Starbuck