Saltar ao contido

Ilaix Moriba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIlaix Moriba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Moriba Kourouma Kourouma Editar o valor en Wikidata
19 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Conakry, Guinea Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Guinea Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGuinea Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
-2021 Futbol Club Barcelona
2021- RB Leipzig
2022-2022cesión Valencia CF 14(0) Editar o valor en Wikidata

Facebook: IlaixMoribaOfficial Instagram: ilaixmk UEFA: 250123954 Editar o valor en Wikidata

Moriba Kourouma Kourouma, nado en Conakri (Guinea) o 19 de xaneiro de 2003, coñecido deportivamente como Ilaix Moriba, é un futbolista hispano-guineano que xoga como centrocampista no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

FC Barcelona

[editar | editar a fonte]

Moriba chegou ao fútbol basee do Fútbol Club Barcelona procedente do R. C. D. Espanyol en 2010.

En xaneiro de 2019, cando o seu contrato xuvenil estaba a piques de expirar, clubs como o Manchester City e a Juventus de Turín tentaron fichalo, pero finalmente chegou a asinar un contrato récord, cun salario de máis de 500 000 euros anuais e unha cláusula de rescisión fixada a 100 millóns de euros.​ A tempada seguinte debutou co F. C. Barcelona "B" o 7 de setembro de 2019 na derrota por 1-0 perante o Ejea. Marcou o seu primeiro gol o 8 de marzo, o gañador na vitoria por 3-2 contra Unió Esportiva Llagostera.

Durante a tempada 2020-21, no mes de xaneiro, Koeman incluíuno no primeiro equipo por primeira vez para un partido da liga contra o Granada, malia ser suplente e non xogar ningún só mninuto.​ O 21 de xaneiro de 2021 na mesma tempada fixo o seu debut nunha vitoria a domicilio por 2-0 contra Unió Esportiva Cornellà nos dezaseisavos de final da Copa do Rey. O 13 de febreiro debutou como titular en Liga dando unha asistencia no triunfo do Barça 5-1 sobre o Deportivo Alavés.

RB Leipzig

[editar | editar a fonte]

Perante a negativa do xogador por renovar o seu contrato, o club decidiu traspasalo ao R. B. Leipzig por 16 millóns de euros máis 6 en variables o 31 de agosto de 2021. O club azulgrana gardou para si un 10% dunha potencial futura venda.

Cesións en España

[editar | editar a fonte]

Após de media tempada en Alemaña, o 28 de xaneiro de 2022 regresou ao fútbol español para xogar cedido no Valencia C. F. ata final de tempada.​ O 1 de setembro volveu ser cedido ata o 30 de xuño de 2023.

Despois desta segunda cesión en Valencia volveu a Alemaña, onde non xogou ningún partido antes de ser novamente prestado en xaneiro de 2024 a un equipo español, o Xetafe C. F.​ Alí completou a tempada e no mes de agosto recalou no R. C. Celta de Vigo, equipo que gardaba unha opción de compra.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Copa do Rei F. C. Barcelona España España 2020-21

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Parte dos 60 mellores futbolistas sub-17 do mundo segundo o medio TheGuardian.com[1] 2020
Mellor xogador novo da a fase de grupos da Copa Africana de Nacións 2021[2]
  1. theguardian.com (ed.). "Next Generation 2020: 60 dos mejores novos talentos do fútbol mundial". Consultado o 7 de outubro de 2014. 
  2. "Ilaix Moriba, mejor joven promesa de la Copa de África". Sport. 22 de xaneiro de 2022. Consultado o 28 de enero de 2022.