Iker Jiménez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1973 (51 anos) Vitoria, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - xornalismo Universidade Europea de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Parapsicoloxía, Ufoloxía, antropoloxía, pseudociencia, Criminoloxía, ciencia e criptozooloxía |
Ocupación | presentador de televisión, produtor de televisión, músico, novelista, director de televisión, youtubeiro, escritor, xornalista, Ufólogo, actor de televisión |
Empregador | Cadena SER (–2015) Mediaset España (2015–) Antena 3 Radio |
Xénero artístico | Ensaio e mistério (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Porter Ucha (1994–) |
Pais | Pedro Ramón Jiménez e María Elizari |
Premios | |
| |
Páxina web | ikerjimenez.com |
Iker Jiménez Elizari, nado en Vitoria o 10 de xaneiro de 1973, é un xornalista vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde os comezos da súa actividade profesional especializouse en programas radiofónicos de tema esotérico, máxico e pseudocientífico, simultaneándoos ou alternándoos ás veces con outros deportivos ou de sucesos. En 1999 publicou con grande éxito de vendas o seu primeiro libro, Enigmas sin resolver, e desde entón, contribúe regularmente á lista de libros máis vendidos.
Presenta e dirixe o programa de televisión Cuarto Milenio, en Cuatro, e o programa de radio Milenio 3, na Cadena SER, ambos os espazos nocturnos, onde se abordan (a través de entrevistas e o que presenta como traballos de investigación) diversos fenómenos paranormais e outros enigmas sen resolver. Iker Jiménez nomea os seus programas "Naves del misterio".
Milenio 3, con 776.000 oíntes,[cando?] bateu os mellores rexistros de audiencia, situándoo nunha marca nunca antes vista na radio española no horario de madrugada. O libro do programa, Milenio 3, El libro, estivo oito semanas entre os dez máis vendidos nas librerías españolas, e Cuarto Milenio consolidouse como unha das propostas de produción propia máis exitosas da canle de televisión Cuatro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É esposo da tamén periodista Carmen Porter, coa que colabora en numerosos proxectos profesionais.