Saltar ao contido

Icod de los Vinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIcod de los Vinos
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°21′N 16°42′O / 28.35, -16.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
CapitalIcod de los Vinos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación23.971 (2023) Editar o valor en Wikidata (249,96 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie95,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude235 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1501 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Jose Dorta Alvarez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38430 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE38022 Editar o valor en Wikidata

Sitio webicoddelosvinos.es Editar o valor en Wikidata

Icod de los Vinos é un municipio español e cidade pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Está situado no noroeste da illa de Tenerife, nun espazo configurado por un continuo noiro de pendente suave desde unha extensa masa forestal de piñeiro canario ata o mar, con case 10 km de costa. A vila está situada nun val moi fértil, que ofrece unha perspectiva do Teide con densos piñeirais descendendo desde o cume ata os barrios máis altos de Icod. As bananeiras, a froita e a vide son os cultivos máis importantes.

Ten unha poboación de 23 971 habitantes (2023).

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Marcos
Praza da Pila

Drago milenario

[editar | editar a fonte]

En Icod atópase un enorme exemplar de drago (Dracaena draco) declarado Monumento Nacional en 1917. Atribúeselle unha idade de miles de anos aínda que ningún estudo puido confirmar tal lonxevidade, sendo máis probable que a árbore teña uns cantos centos de anos. Este Drago constitúe o símbolo de Icod, como se pode apreciar no escudo de armas do pobo. Na contorna do Drago existe un parque que exhibe distintas especies vexetais endémicas de Tenerife.

Edificios

[editar | editar a fonte]
  • Praza de Lorenzo Cáceres. Situada cerca do Parque do Drago. Nesta praza áchase a igrexa de San Marcos e o monumento ao xeneral José Antonio Páez, prócer da independencia venezolana e biznieto dun icodense.
  • A igrexa de San Marcos sitúase na Praza de Lorenzo Cáceres, lugar onde segundo a tradición, os guanches xa adoraban antes da conquista a imaxe titular, unha pequena talla gótica-flamenga. Construída na primeira metade do século XVI, en estilo colonial canario, consta de cinco naves: tres delas separadas por columnas e dúas con capelas laterais. No seu exterior pode apreciarse o campanario de cantería e a portada principal labrada en pedra. No interior gárdase unha cruz de filigrana de prata, que fixo famosa a esta igrexa; retablos; esculturas, entre as que destacan a de San Marcos Evanxelista e a da Virxe dos Reyes, de estilo tardo gótico; e pinturas, como "A Anunciación". A igrexa alberga tamén un museo de arte sacra.
  • A Praza da Pila atópase próxima ao Parque do Drago. Está cercada por vellos casaróns, entre as que se distingue a Casa dos Cáceres, convertida en casa museo.
  • Casa dos Cáceres. Antiga residencia de Lorenzo Cáceres, coronel de enxeñeiros. A súa fachada neoclásica de tres plantas presenta tradicionais fiestras de cuarteiróns e unha alta porta central de arco con marco de pedra. Tamén presenta cornixa e balaustrada con balcón descuberto na fiestra principal.

Outros Edificios. Ermidas de Bo Paso, San Felipe, O Tránsito, As Angustias, San Antonio e O Amparo; ex convento de San Francisco e capela das Dores; ex convento de San Agustín e praza de León Horta.

Monumentos naturais

[editar | editar a fonte]
  • A Cova do Vento - Sobrado é a terceira cavidade volcánica máis longa do mundo, con máis de 18 quilómetros de desenvolvemento coñecidos. Con varias bocas de saída, presenta unha gran complexidade interna. Posúe unha ampla representación de estruturas xeomorfolóxicas e unha orixinal fauna, tanto viva como fósil. Outras covas, tamén moi amplas, localízanse noutros recunchos do municipio: San Marcos, Punto Branco, O Rei ou Felipe Rebentón.
  • Praia de San Marcos. Situada nunha abrigada baía da costa Norte de Tenerife, o seu nome provén da imaxe do Evanxelista San Marcos que se venera na igrexa do mesmo nome en Icod. Como é habitual nas praias do norte de Tenerife, é de area negra. Na baía existe tamén un pequeno porto pesqueiro e diversas instalacións turísticas.

A seguridade que presta este porto, resgardado de case todos os ventos e abrigado polos cantís que o circundan, con bos fondeadoiros, e praia, fixo que fose escollido desde os comezos da conquista de Tenerife polos navegantes como refuxio en días de tormenta. Estas vantaxosas condicións e a proximidade aos ricos bosques de piñeiros que entón posuía Icod, fomentaron o comercio de madeiras e a fabricación de embarcacións, chegándose a construír galeóns e fragatas para o servizo do Rei.

Heráldica

[editar | editar a fonte]
  • Escudo. O Drago e o Teide son os elementos principais do escudo da cidade, concedido por Real Orde do 9 de novembro de 1921. Consta de dous cuarteis en forma cortada. Nun, o Teide sobre fondo azul; no outro, o Drago sobre fondo de prata. O brasón está rodeado de oito acios de uvas, cor de ouro, sobre fondo de sinople. Catro tenantes representan aos menceys Belicar de lcod, Rosmeu de Daute, Pelinor de Adeje e Adjoña de Abona, quen se renderon ao Adiantado ao comezo da conquista de Tenerife.
  • Bandeira. Foi encargada polo concello de Icod ao heraldista garachiquense Pascual González Regalado que a describe así: "pano de tres franxas verticais e iguais, as dos extremos de vermello granate e a central branca". Loce así mesmo a insignia o escudo heráldico da localidade, colocado no centro do pano. A cor vermella granate simboliza o zume do Drago Milenario, mentres que o branco simboliza as neves do Teide.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]