Saltar ao contido

iOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
iOS
Logo da última versión
DesenvolvedorApple Inc.
Lanzamento29 de xuño de 2007
En galegoNon
Modelo de desenvolvementoSoftware privativo
NúcleoXNU
Tipo de núcleoNúcleo híbrido (XNU)
LicenzaAPSL (Apple Public Source License) e Apple EULA (Licenza de software)
Última versión estableiOS 17.6.1. (7 de agosto de 2024)
Estado actualEn permanente desenvolvemento
Sitio webhttps://www.apple.com/ios/ios-13 en Inglés

iOS é un sistema operativo móbil desenvolvido por Apple Inc., lanzouse por primeira vez como iPhone OS en xuño de 2007, coincidindo co lanzamento da primeira xeración de iPhone.[1] O iPhone OS pasou a chamarse iOS despois do lanzamento do iPad, comezando con iOS 4.[2] Co iOS 13, Apple comezou a ofrecer un sistema operativo separado, iPadOS, para o iPad. iOS tamén é a base dos novos audioOS e tvOS, e comparte parte do seu código con macOS. Cada ano lánzanse novas versións de iOS xunto con novos modelos de iPhone. Dende o seu lanzamento en 2007 ata 2010 lánzanse novas versións en setembro ou outubro. A versión actual de iOS é iOS 17, lanzado o 18 de setembro de 2023.

Historial de versións

[editar | editar a fonte]
Versión Lanzamento
iPhone OS 1 29 de xuño de 2007
iPhone OS 2 11 de xullo de 2008
iPhone OS 3 17 de xuño de 2009
iOS 4 21 de xuño de 2010
iOS 5 12 de outubro de 2011
iOS 6 19 de setembro de 2012
iOS 7 18 de setembro de 2013
iOS 8 17 de setembro de 2014
iOS 9 16 de setembro de 2015
iOS 10 13 de setembro de 2016
iOS 11 19 de setembro de 2017
iOS 12 17 de setembro de 2018
iOS 13 19 de setembro de 2019
iOS 14 16 de setembro de 2020
iOS 15 20 de setembro de 2021
iOS 16 12 de setembro de 2022
iOS 17 18 de setembro de 2023
iOS 18 Finais de 2024

Características

[editar | editar a fonte]

Interface

[editar | editar a fonte]

Os elementos de control consisten en escorregadoiros, interruptores e botóns. A resposta ás ordes do usuario é inmediata e prové unha interface fluída. A interacción co sistema operativo inclúe xestos como esvaróns ou toques, que teñen definicións diferentes dependendo do contexto da interface. Utilízanse acelerómetros internos para conseguir que algunhas aplicacións respondan ao sacudir o dispositivo (por exemplo, para o comando desfacer) ou xiralo en tres dimensións (un resultado común é cambiar do modo vertical a apaisado ou horizontal).

iOS deriva de macOS, que á súa vez está baseado en Darwin BSD, e polo tanto é un sistema operativo tipo UNIX.

Pantalla principal

[editar | editar a fonte]

A pantalla principal (chamada «SpringBoard») é onde se encontran as iconas das aplicacións e o “Dock” na parte inferior da pantalla, onde se poden ancorar aplicacións de uso frecuente, aparece ao desbloquear o dispositivo ou ao premer o botón de inicio. A pantalla ten unha barra de estado na parte superior para mostrar datos, tales como a hora, o nivel de batería e a intensidade do sinal.

Con iOS 4 introdúcese un sistema simple de carpetas. Pódese mover unha aplicación sobre outra e crearase unha carpeta podéndose agregar máis aplicacións a esta mediante o mesmo procedemento. O título da carpeta é seleccionado automaticamente polo tipo de aplicacións dentro dela, pero pode ser editado polo usuario.

Coa saída de iOS 7, a cantidade máxima de aplicacións por carpeta aumentou considerablemente, pois ao abrir unha carpeta móstranse 9 iconas (3x3) e, ao agregar máis aplicacións, vanse creando páxinas ás que se pode acceder esvarando sobre a pantalla.

Seguridade

[editar | editar a fonte]

Antes da saída de iOS 7 ao mercado, existía un enorme índice de roubos dos diversos modelos de iPhone, o que provocou que o goberno estadounidense solicitara a Apple crear un sistema de seguridade infalible que inutilizara os equipos en caso de roubo. Foi creada entón a activación por iCloud, que solicita os datos de acceso da conta do usuario orixinal, o que permite bloquear e inutilizar o equipo ao perdelo ou ser vítima de roubo do mesmo.​​ De igual maneira, é posíbel coñecer a localización vía GPS do dispositivo e mostrar mensaxes na pantalla. Ata a data non existe un método comprobado para evitar a activación de iCloud o que converte a iOS 7+ no SO móbil máis seguro do mercado. Coa chegada de iOS 9.1, é imposíbel encontrar vulnerabilidades que afecten ao dispositivo, levando a Apple, a ocupar o posto máis alto na lista dos softwares máis seguros. Non obstante, iOS 9.3 foi un completo fracaso en canto a seguridade e vulnerabilidade co jailbreak. Porén, o 25 de agosto Apple liberou iOS 9.3.5 o cal reparaba esta vulnerabilidade.

Co lanzamento de iOS 10, usuarios reportaron unha gran vulnerabilidade con iCloud, ao poderse desactivar "Find My iPhone" (Buscar o Meu iPhone) sen ingresar o contrasinal do Apple ID.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]