Harry Potter e a pedra filosofal (filme)
Harry Potter e a pedra filosofal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Philosopher's Stone |
Director | Chris Columbus |
Produtor | David Heyman |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Richard Harris Robbie Coltrane Maggie Smith Alan Rickman Ian Hart |
Música | John Williams |
Fotografía | John Seale |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Estudio | Heyday Films 1492 Pictures Duncan Henderson Productions |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 4 de novembro de 2001 5 de xaneiro de 2005 (TVG) |
Duración | 144 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $125 000 000[1] |
Recadación | $974 755 371 |
Filme seguinte | Harry Potter e a Cámara dos Segredos |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/harry-potter-and-sorcerers-stone | |
Harry Potter e a pedra filosofal (en inglés: Harry Potter and the Philosopher's Stone) é un filme de fantasía[2] dirixido por Chris Columbus e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. O filme foi o primeiro da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Richard Harris, Maggie Smith, Robbie Coltrane, Alan Rickman e Ian Hart.
Warner Bros. mercou os dereitos do libro para facer a versión fílmica no ano 1999. A produción comezou en 2000, coa elección de Columbus como director despois de seleccionalo dunha pequena lista de directores entre os que estaban Steven Spielberg e Rob Reiner. J. K. Rowling insistiu en que todo o elenco fose británico ou irlandés, gardando a integridade cultural do libro e do filme. J. K. Rowling aprobou o guión, escrito por Kloves. O filme gravouse principalmente nos Leavesden Film Studios, así como en edificios históricos de Gran Bretaña.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos en novembro de 2001. Recibiu boas críticas e tres candidaturas aos Premios Oscar. A recadación nas salas internacionais ascende a máis de 974 millóns de dólares estadounidense.
Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2005, e foi visto por 290.000 persoas, o que o converteu no filme máis visto na historia da cadea autonómica.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Harry Potter e a pedra filosofal.
Harry Potter é un neno orfo que medrou cos seus tíos. Á idade de once anos, o semixigante Rubeus Hagrid infórmao de que é meigo. Harry descobre que os seus pais foran asasinados polo Señor Escuro, Lord Voldemort, e que Voldemort tamén intentara matalo esa mesma noite, cando tiña un ano. No entanto, a maldición asasina rebotara misteriosamente e debilitara enormemente ao meigo escuro. Harry descobre que por este motivo é un meigo amplamente famoso no mundo máxico; comeza a estudar na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería onde coñece os seus mellores amigos: Ron Weasley e Hermione Granger. Durante o ano, os tres enguedéllanse no misterio sobre a pedra filosofal, que está agochada na escola.
Elenco
[editar | editar a fonte]Rowling insistiu persoalmente en ter un elenco británico.[4] Susie Figgis designouse como directora de casting e traballou con Columbus e Rowling nas audicións para os papeis principais de Harry, Ron e Hermione.[5] O 11 de xullo de 2000 Figgis deixou a produción, laiándose de que Columbus non considerara ningún dos miles que superaran as audicións e que ela determinara como posibles candidatos.[6] O 8 de agosto de 2000 fíxose a selección de Daniel Radcliffe, Emma Watson e Rupert Grint para realizar os personaxes de Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley, respectivamente.[7]
- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- John Cleese como Nick Case Decapitado, a pantasma da Casa Gryffindor.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts.
- Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw.
- Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry.
- Richard Harris como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts e un dos mellores meigos da historia.
- Ian Hart como o profesor Quirrell, o nervioso profesor de Defensa contra a Maxia Negra en Hogwarts.
- John Hurt como o Sr. Ollivander, o propietario de Ollivanders, o mellor fabricante de variñas do mundo máxico.
- Alan Rickman como Severus Snape, o profesor de Apócemas de Hogwarts e xefe da Casa Slytherin.
- Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry.
- Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e xefa da Casa Gryffindor.
- Julie Walters como Molly Weasley, a nai de Ron.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
- Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Rik Mayall filmou algunhas escenas como o mencho Peeves, pero finalmente foron cortadas do filme.[8]
Banda sonora
[editar | editar a fonte]Harry Potter e a pedra filosofal | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de John Williams | ||||
30 de outubro de 2001 | ||||
Estudio de gravación | Air Lyndhurst Studios Abbey Road Studios | |||
Duración | 73:35 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Selo discográfico | Atlantic | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Harry Potter e a pedra filosofal lanzouse ao mercado o 30 de outubro de 2001. As pezas musicais foron compostas e dirixidas por John Williams. A banda sonora recibiu unha candidatura aos Premios Oscar na categoría de Oscar á mellor banda sonora, premio que finalmente levou Howard Shore por The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. O filme introduce moitos temas específicos para cada personaxe empregados tamén máis adiante nalgunha das secuelas, aínda que a maioría deles se usaron de novo n’a Cámara dos Segredos. O tema principal, chamado "Hedwig's Theme", utilízase en case todas as películas e converteuse en identificativo da serie.
A pista número 18, "Leaving Hogwarts", emprégase tamén durante o epílogo de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) como tributo a Williams e o final da saga.
- Lista de pistas
- "Prologue" - 2:12
- "Harry's Wondrous World" - 5:21
- "The Arrival of Baby Harry" - 4:25
- "Visit to the Zoo and Letters from Hogwarts" - 3:23
- "Diagon Alley and the Gringotts Vault" - 4:06
- "Platform Nine-and-Three-Quarters and the Journey to Hogwarts" - 3:14
- "Entry into the Great Hall and the Banquet" - 3:42
- "Mr. Longbottom Flies" - 3:35
- "Hogwarts Forever! and the Moving Stairs" - 3:47
- "The Norwegian Ridgeback and a Change of Season" - 2:47
- "The Quidditch Match" - 8:29
- "Christmas at Hogwarts" - 2:56
- "The Invisibility Cloak and the Library Scene" - 3:16
- "Fluffy's Harp" - 2:39
- "In the Devil's Snare and the Flying Keys" - 2:21
- "The Chess Game" - 3:49
- "The Face of Voldemort" - 6:10
- "Leaving Hogwarts" - 2:14
- "Hedwig's Theme" - 5:11
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". Box Office Mojo. Consultado o 29 de maio de 2007.
- ↑ "Harry Potter e a pedra filosofal na TVG". La Voz de Galicia. 7 de xaneiro de 2005. Consultado o 8 de abril de 2013.
- ↑ "Harry Potter and the Philosopher's Stone". Guardian Unlimited. 16 de novembro de 2001. Consultado o 26 de maio de 2007.
- ↑ Linder, Brian (30 de marzo de 2000). "Chris Columbus Talks Potter". IGN. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 8 de xullo de 2007.
- ↑ Lindner, Brian (11 de xullo de 2000). "Trouble Brewing with Potter Casting?". IGN. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
- ↑ "Daniel Radcliffe, Rupert Grint and Emma Watson Bring Harry, Ron and Hermione to Life for Warner Bros. Pictures Harry Potter and the Sorcerer's Stone". Warner Bros. 21 de agosto de 2000. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2007. Consultado o 26 de maio de 2007.
- ↑ Schmitz, Greg Dean. "Harry Potter and the Sorcerer's Stone (2001)". Yahoo!. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de agosto de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2001
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Chris Columbus
- Filmes con banda sonora de John Williams
- Filmes de Harry Potter
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de 1492 Pictures
- Filmes rodados no Reino Unido
- Filmes ambientados en 1981
- Filmes ambientados en 1991
- Filmes ambientados en 1992
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes sobre feiticería
- Filmes baseados en obras de J. K. Rowling
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2001 con versión en galego