Guachetá
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 177,45 km² | |||
Altitude | 2.688 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada | |||
Creación | 1537 (Gregoriano) | |||
Sitio web | guacheta-cundinamarca.gov.co… |
Guachetá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté, a 118 km de Bogotá. Coñecido pola súa produción de carbón mineral e o gando leiteiro, deuse a coñecer como a "Cidade Carbonífera e Leiteira de Colombia". É considerado un destino turístico polas súas rochas perfectas para a escalada.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Guachetá, en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «Labranza do noso cerro» ou «Labranza do Mancebo».
Historia
[editar | editar a fonte]Na época precolombiana, os muiscas tiñan en Guachetá un templo dedicado a Sué, deus do Sol. O poboado indíxena de Guachetá foi o primeiro casarío muisca de Cundinamarca co que se atoparon os españois ó mando de Gonzalo Jiménez de Quesada, o luns 12 de marzo de 1537, denominándoo San Gregorio por coincidir a festa deste santo co día da súa chegada. Os guachetunos entregáronlles ós españois, como signo de amizade, comida, agasallos, ouro e esmeraldas. Foi tan amable o recibimento, que dende entón os españois consideraron a Guachetá unha terra de paz e liberdade. Frei Domingo de las Casas, que viña en compañía de Jiménez de Quesada, bautizou a dous nenos muiscas de Guachetá. Como recompensa polos bos servizos prestados ós españois, o Rei premiou ós habitantes de Guachetá cunha Cédula Real que os facía exentos de ir á mita, como si o tiñan que facer as demais vilas conquistadas.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goot, José Manuel. Historia eclesiástica y civil de la Nueva Granada Tomo I (Bogotá, Casa Editorial de Medardo Rivas & Cía.; 1889), Cap. IV, p. 55
- ↑ "Sitio oficial de la Alcaldía Municipal de Guachetá - Información general - Historia (Consultado o 24 de xaneiro de 2018).". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 08 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guachetá |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)