Grexit
O acrónimo grexit[1] é un neoloxismo empregado para se referir á potencial e futura saída de Grecia da zona Euro, o que implicaría o abandono do euro no país helénico e a volta ao dracma.
Orixe
[editar | editar a fonte]O termo grexit provén da fusión das palabras inglesas Greece (Grecia) e exit (saída). O neoloxismo é similar a outros empregados en economía e xeopolítica, coma spexit, que se refere á hipotética saída de España da Zona Euro,[2] ou brexit para unha hipotética saída do Reino Unido da UE.[3]
O termo grexit foi empregado por vez primeira o 6 de febreiro de 2012 por Willem Buiter[4] e H. Rahbari Ebrahim,[5][6] analistas do Citigroup, facendo referencia a un grupo de traballo creado por países da zona euro que se preparaba para facer fronte á posíbel saída de Grecia, tentando tomar medidas preventivas e preparar á zona euro.[5][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «grexit, en cursiva e con minúscula.» Fundéu. Consultado el 27 de junio de 2015.
- ↑ «Grexit? Spexit? Let’s Call the Whole Thing Off.» Foreign Policy, 31 de maio de 2012.
- ↑ «La victoria de los tories abre un nuevo frente negociador en Europa.» El País, 18 de maio de 2015.
- ↑ «Greek impasse raise fears of 'Grexit'.» The Guardian, 7 de febreiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 "Grexit – What does Grexit mean?". Gogreece.about.com. 10 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ Buiter, Willem y Ebrahim Rahbari (6 de febreiro de 2012). "Rising Risks of Greek Euro Area Exit" (PDF). Citigroup. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xuño de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012.
- ↑ «Sem saída?» Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. VOXeurop, 18 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea
- Euroescepticismo
- Crise financeira de Grecia
- Europa das dúas velocidades
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |