Gran Premio do Canadá de 2017
Nome oficial | Formula 1 Grand Prix du Canada 2017 |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Canadá |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 |
Lonxitude | 4,361 km |
País | Canadá |
Intervalo de tempo | 9 de xuño de 2017 – 11 de xuño de 2017 |
Data | 11 de xuño de 2017 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Lewis Hamilton (01:11,459) |
Volta máis rápida | Lewis Hamilton (01:14,551) |
O Gran Premio do Canadá de 2017 (oficialmente o 2017 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 11 de xuño de 2017 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. A carreira foi a sétima rolda da tempada 2017, e o 54º Gran Premio do Canadá.
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Fernando Alonso volveu a competir con McLaren, logo de perderse a rolda anterior en Mónaco para participar nas 500 Millas de Indianápolis de 2017.
O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os pneumáticos brandos, superbrandos e ultrabrnados dispoñibles para os equipos da carreira.[1]
Práctica libre
[editar | editar a fonte]Lewis Hamilton no Mercedes foi o máis rápido na primeira práctica, fixando un tempo de 1.13:809. Foi seguido polo Ferrari de Sebastián Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas en segundo e terceiro lugar.[2] O McLaren de Fernando Alonso continuou sufrindo problemas de confiabilidade volveu a romper e retirouse da sesión.[3] Na segunda práctica o Ferrari de Kimi Räikkönen foi o máis rápido seguido por Hamilton e Vettel. A terceira e última práctica do sábado foi coroada por Vettel, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1.12:572.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A Q1 terminou con Pascal Wehrlein estrelándo o seu Sauber na primeira curva logo de tocar o bordo da herba da pista. Os danos sufridos no accidente significaron comezar a carreira no carril de boxes.[4]
Na Q3 Lewis Hamilton asegurou a pole position con 1:11.459, 0´330 segundos máis rápido que o Ferrari de Vettel en segundo lugar. O terceiro lugar na grella foi a Valtteri Bottas con Raikkonen e Verstappen cuarto e quinto.[5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Ao principio, Max Verstappen avanzou tres posicións para dirixirse á segunda curva xusto detrás de Hamilton, que estaba no liderado. Terceiro e cuarto eran Bottas e Vettel, este último sufriríu un lixeiro dano no alerón dianteiro polo contacto con Verstappen na segunda volta. Daniel Ricciardo moveuse á quinta posición logo de pasar a Kimi Räikkönen na primeira volta. Räikkönen acabaría 7º tras caer detrás do Force India e loitar con problemas de freos nas últimas voltas da carreira. Tamén na primeira volta, ocorreu un incidente causando a retirada de Carlos Sainz e Felipe Massa. Saíu o coche de seguridade para permitir aos comisarios despexar a pista. Na reanudación a á danada de Vettel rompeu parcialmente ao acelerar de novo á velocidade de carreira. Entrou en boxes na volta 5 para reparar o dano e caeu á 18º posición (última). Na volta 11, o Red Bull de Verstappen perdeu potencia eléctrica etivo que retirarse cando ía na segunda posición. A medida que a carreira continuaba, o canadense Lance Stroll traballou para conseguir chegar á novena posición, o que sería os seus primeiros puntos na F1. Na volta 66 o McLaren de Fernando Alonso sufriu un fallo de motor que lle impediu anotar os primeiros puntos do seu equipo na tempada. Hamilton terminou a carreira 20 segundos por diante do seu compañeiro Bottas con Ricciardo en terceiro lugar. Sebastian Vettel superou a Sergio Pérez na penúltima volta para terminar na cuarta posición detrás de Ricciardo. Anteriormente Pérez ignorara as peticións do seu equipo para permitir que o seu compañeiro de equipo máis rápido (Esteban Ocon) pasase para desafiar a Ricciardo para o último lugar do podio.[6]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:12.692 | 1:12.496 | 1:11.459 | 1 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:13.046 | 1:12.749 | 1:11.789 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:12.685 | 1:12.563 | 1:12.177 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:13.548 | 1:12.580 | 1:12.252 | 4 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:13.177 | 1:12.751 | 1:12.403 | 5 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:13.543 | 1:12.810 | 1:12.557 | 6 |
7 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:13.435 | 1:13.012 | 1:12.858 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:13.470 | 1:13.262 | 1:13.018 | 8 |
9 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:13.520 | 1:13.320 | 1:13.135 | 9 |
10 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:13.804 | 1:13.406 | 1:13.271 | 10 |
11 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 1:13.802 | 1:13.690 | 11 | |
12 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:13.669 | 1:13.693 | 12 | |
13 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 1:14.051 | 1:13.756 | 13 | |
14 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:13.780 | 1:13.839 | 14 | |
15 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:13.990 | 1:14.293 | 15 | |
16 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 1:14.182 | 16 | ||
17 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:14.209 | 17 | ||
18 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:14.318 | 18 | ||
19 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:14.495 | 19 | ||
20 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 1:14.810 | PL[7] | ||
107% tempo límite: 1:17.772 | |||||||
Fonte:[8] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 70 | 1:33:05.154 | 1 | 25 |
2 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 70 | +19.783 | 3 | 18 |
3 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 70 | +35.297 | 6 | 15 |
4 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 70 | +35.907 | 2 | 12 |
5 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 70 | +40.476 | 8 | 10 |
6 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 70 | +40.716 | 9 | 8 |
7 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 70 | +58.632 | 4 | 6 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 70 | +1:00.374 | 10 | 4 |
9 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 69 | +1 volta | 17 | 2 |
10 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 69 | +1 volta | 14 | 1 |
11 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 69 | +1 volta | 15 | |
12 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 69 | +1 volta | 18 | |
13 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 69 | +1 volta | 19 | |
14 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 69 | +1 voltas | 16 | |
15 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 68 | +2 voltas | PL | |
16[9] | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 66 | Unidade de potencia | 12 | |
Ret | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 54 | Unidade de potencia | 11 | |
Ret | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 10 | Eléctrico | 5 | |
Ret | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 0 | Colisión | 7 | |
Ret | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 0 | Colisión | 13 | |
Fonte: |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ultrasoft tyres the preferred choice for Canada". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 30 de maio de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Practice - Results - Canadian Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ "Lewis Hamilton top in Canadian Grand Prix first practice". BBC Sport (en inglés). 9 de xuño de 2017. Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ "Canadian Grand Prix: Lewis Hamilton equals Ayrton Senna pole record". BBC Sport (en inglés). 2017-06-10. Consultado o 2017-06-13.
- ↑ "Qualifying - Results - Canadian Grand Prix - 2017 - Formula 1". BBC Sport. Consultado o 2017-06-13.
- ↑ "Lewis Hamilton wins in Canada for sixth time". BBC Sport (en inglés). 2017-06-11. Consultado o 2017-06-13.
- ↑ Pascal Wehrlein penalizou cinco posicións na grella por un cambio non programado da caixa de cambios e tivo que sair do pit lane para cambiar a unha nova especificación da montaxe do á posterior.
- ↑ "Formula 1 Grand Prix du Canada 2017 – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 11 June 2017. Consultado o 11 June 2017.
- ↑ † Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2017 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Acerbaixán de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2016 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2018 |