Saltar ao contido

George Weah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Weah

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Manneh Oppong Weah Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Monrovia, Liberia Editar o valor en Wikidata
25º Presidente de Liberia
22 de xaneiro de 2018 – 22 de xaneiro de 2024
← Ellen Johnson-SirleafJoseph Boakai (pt) Traducir →
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Member of the Senate of Liberia (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade DeVry (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoCongress for Democratic Change (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaLiberia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1984 Young Survivors valor descoñecido(valor descoñecido)
1984–1985 Bong Range United valor descoñecido(valor descoñecido)
1985–1986 Mighty Barrolle valor descoñecido(valor descoñecido)
1986–1987 Invincible Eleven valor descoñecido(valor descoñecido)
1987–1988 Tonnerre Kalara Club de Yaoundé valor descoñecido(valor descoñecido)
1988–1992 AS Monaco FC 103(47)
1992–1995 Paris Saint-Germain 96(32)
1995–2000 A.C. Milan 114(46)
2000–2000 Manchester City 7(1)
2000–2000 cesión   Chelsea F.C. 11(3)
2000–2001 Olympique de Marsella 19(5)
2001–2003 Al-Jazira Club valor descoñecido(valor descoñecido)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–2018   Selección de fútbol de Liberia 75(18)
Participou en
2002Copa de África de Nacións de 2002
1996Copa de África de Nacións de 1996 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeClar Marie Weah Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge Weah Jr., Timothy Weah Editar o valor en Wikidata
ParentesChristopher Wreh, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
Twitter: GeorgeWeahOff Instagram: george_weah_official FIFA: 2187 Editar o valor en Wikidata

George Manneh Oppong Ousman Weah, nado o 1 de outubro de 1966 en Monrovia, Liberia, é un exfutbolista e político liberiano, presidente do país entre 2018 e 2024. É considerado no seu país unha icona, debido aos numerosos actos e axudas de carácter benéfico que ofrece ao seu pais e pola súa recoñecida habelencia nos campos de xogo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de xogar en varios equipos do seu país natal e do Camerún, en 1988 fichou polo AS Mónaco francés, do que en 1992 pasou ao PSG, co que ganou unha Copa de Francia (1993) e unha Copa da Liga (1994). A súa actuación na Liga de Campións de Europa valeulle ser fichado en 1994 polo AC Milán, por cerca de 11.000 millóns de liras. Con este equipo gañou varios scudettos, o último deles en 1998-99. Tamén obtivo tres veces o Balón de Ouro africano (1989, 1994 e 1995), unha vez o Balón de Ouro europeo (1995), e foi escolleito pola FIFA o mellor futbolista do mundo en 1995. Mantívose no elenco rossonero até o 2000, ano no que fichou polo Chelsea F.C. inglés. Logo pasou ao Manchester City, e de aí volveu a Francia; o Olympique de Marsella sería o seu último equipo en Europa. Despois de xogar no Al Jazira dos EAU, retirouse da actividade en 2003.

Política

[editar | editar a fonte]

En 2005 fixo incursión no mundo da política ao presentarse como candidato á presidencia do seu país, mais foi derrotado nos comicios por Ellen Johnson-Sirleaf.

Weah foi finalmente elixido presidente de Liberia nas eleccións de 2017, nas que derrotou o vicepresidente Joseph Boakai,[1][2] e xurou o cargo o 22 de xaneiro de 2018.[3]

  1. Liberia’s election threatens its fragile stability Financial Times, 8 de abril 2016
  2. "Weah maintains lead in Liberia election's early results". News24 (Naspers). The Associated Press. 14 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  3. “Liberia: George Weah sworn in as president”. Al Jazeera. Consultado o 22 de marzo de 2018