Saltar ao contido

Galaxy Evolution Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galaxy Evolution Explorer (GALEX)
Representación de GALEX.
TipoObservatorio espacial.
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento28 de abril de 2003[1][2][3]
Foguete portadorPegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][5]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no ultravioleta.[2][5]
NSSDC ID2003-017A
Masa280 kg[2][4][5]
Potencia290 vatios[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior7070,6 km[1]
Inclinación29 graos[1]
Apoapse702,4 km[1]
Periapse696,8 km[1]

Galaxy Evolution Explorer, máis coñecido polo seu acrónimo GALEX e tamén nomeado como Explorer 83, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer lanzado o 28 de abril de 2003 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Pegasus XL.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de GALEX é observar o ceo na banda ultravioleta para estudar a orixe e evolución das galaxias e a orixe das estrelas e os elementos pesados no rango do corremento ao roxo (z) entre 0 e 2.[2][4]

O satélite estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por catro paneis solares fixos con células de arseniuro de galio. O bus está baseado no OrbView 4 da empresa Orbital Sciences.[2][5]

As comunicacións teñen lugar mediante unha ligazón en banda X cunha velocidade de descarga de ata 25 Mbps. Úsase a banda S para enviar comandos cara ao satélite e para obter datos de mantemento, cunha velocidade de ata 2 Mbps.

A galaxia de Andrómeda observada no ultravioleta por GALEX.

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

GALEX usa un telescopio de 50 cm de apertura de tipo Ritchey-Chretien que encamiña a luz a un par de sensores capaces de observar no rango de lonxitudes de onda de 175 a 280 nanómetros e no rango de 135 a 174 nanómetros.[2][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GALEX" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "GALEX" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 27 August 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87989(E)): 2. 15 de setembro de 2003. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: GALEX (SMEX 7)" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Galex" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]