Saltar ao contido

Galatea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galatea era unha divindade mariña que formaba parte das nereidas, fillas de Nereo. A súa lenda está ligada coa do ciclope Polifemo. Polifemo estaba enamorado de Galatea pero ela rexeitouno, polo que este tomou vinganza esmagando baixo dunha roca o amado de Galatea, o pastor Acis. Galatea transformou o seu amado nun río que utilizou para volver coas súas irmás.

Literatura: esta fábula mitolóxica aparece representada en obras como Fábula de Polifemo y Galatea de Góngora (1612), Polifemo de Tomaso Stigliani (s. XVII), Brindisi de los cíplopes de Antonio Malatesti (s. XVII), La zampoña de Giambattista Marino (1620) o Galatea de Cervantes (1585), sendo estas últimas adaptacións de historia.

Música: creáronse diferentes obras inspiradas nesta fábula baixo o nome de Acis y Galatea: Lully (1686), Haendel (1720)e Haydn (1790).