Gabriel Aresti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Gabriel María Aresti Segurola 14 de outubro de 1933 Bilbao, España |
Morte | 5 de xuño de 1974 (40 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, belas letras e translations from Spanish (en) |
Ocupación | escritor, poeta, tradutor |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Gabriel Aresti Segurola, nado en Bilbao o 14 de outubro de 1933 e finado na mesma cidade o 5 de xuño de 1975, foi un escritor vasco en lingua éuscara que renovou e modernizou a poesía vasca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 14 anos aprendeu a lingua vasca e a súa primeira obra Maldan Behera (Costa abaixo), amosa un forte carácter simbolista. As súas obras máis coñecidas son a chamada "Triloxía da pedra": Harri eta herri (Pedra e pobo, 1964), Euskal harria (Pedra vasca, 1968) e Harrizko herri hau (Este pobo de pedra, 1971) están xa vencelladas á poesía social, escritas nunha linguaxe coloquial, claramente relacionadas coa obra de Blas de Otero, Gabriel Celaya ou Antonio Machado. Defendeu a creación dun éuscaro unificado (éuscaro batua) e fundou a editorial Lur, que acolleu os novos escritores en lingua vasca. Tamén escribiu novela e teatro.
Relación con Galicia
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A pesar de que nunca visitou Galicia, Aresti mantivo unha relación de amizade con intelectuais galegos como Xesús Alonso Montero e Xosé Luís Méndez Ferrín, que influíron no gran número de traducións que Aresti fixo dende o galego. Con quen máis relación mantivo foi con Manuel María, a quen lle encarga, nunha das moitas cartas que lle escribiu, que lle faga escolma da poesía galega para facer unha antoloxía das catro nacionalidades que compoñen o estado español. "Usted sería la persona indicada para el gallego" (dille nunha carta datada o 7 de maio de 1969). Traduciu ao éuscaro os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, o álbum Nós de Castelao, o Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal , O divino sainete de Curros Enríquez, Pranto matricial de Valentín Paz-Andrade e Divinas palabras de Valle-Inclán. Foi xurado no concurso de contos "Breogan" do Centro Galego de Barakaldo e tiña unha relación moi fonda cos galegos emigrados no País Vasco. Cando en 1969 había un certo enfrontamento entre vascos e galegos, Aresti escribe tres sonetos contra este enfrontamento: No primeiro diríxese ós galegos para que traten ben a Euskadi, no segundo ós vascos para que traten ben ós galegos e no terceiro a Manuel María para que se dirixa tamén nese senso ós galegos emigrados, pois, segundo el, son os intelectuais os que teñen que rematar con esta xenreira. Manuel María contesta con tres cantigas no mesmo senso e cun envío final encomendándolle a Gabriel Aresti o pobo galego alí emigrado.