Günther (cantante)
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1967 (57 anos) Malmö, Suecia |
Actividade | |
Ocupación | cantante, modelo |
Período de actividade | 2004 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Extensive Music |
Sitio web | gunther-official.com |
Mats Söderlund, coñecido polo seudónimo de Günther, nado en Malmö en 1969, é un cantante e ex-modelo sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mats Söderlund exerceu de modelo até que deixou as pasarelas para dedicarse a rexentar varios clubs na súa cidade natal de Malmö. En 2004 comezou na industria discográfica co seudónimo de Günther. O personaxe de Günther é un pastiche saído da década de 1980, cun pequeno mostacho, grandes lentes de sol e peinado mullet. O seu estilo musical caracterízase por unha parodia dos estilos europop e eurodance, cunha voz moi grave e un forte acento alemán. Söderlund adoita cantar coas Sunshine Girls, se ben tamén colaborou con artistas como Samantha Fox.
En 2004 Warner Bros. publicou o disco Pleasureman, con temas como "Ding Dong Song", "Tutti Frutti summer love" ou o dueto con Samantha Fox "Touch me".
Na actualidade prepara o seu segundo disco, Dirty Man Swedish Sex Beast, estando xa dispoñible na rede o seu primeiro sinxelo, "Pussycat".