Foho Tatamailau
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Município de Ermera, Timor Leste (pt) , Atsabe administrative post, Timor Leste (en) e Baboi Leten, Timor Leste (en) | |||
| ||||
Cordilleira | Ramelau (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 2.963 m | |||
Prominencia topográfica | 2.963 m | |||
Illamento topográfico | 771 km | |||
O Foho Tatamailau (ou Foho Ramelau) é unha montaña de Timor Leste, que cunha altura de 2.963 m é a maior elevación do país e de toda a illa de Timor. Durante a ocupación colonial portuguesa era denominado Pico do Ramelau.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O Ramelau é unha montaña de orixe volcánica, situado no centro da illa de Timor e no oeste de Timor Leste, no norte do distrito de Ainaro no límite do distrito de Ermera. A capital do país, Dili, está a uns 70 km cara ao sur do pico.
Ascensión
[editar | editar a fonte]O Tatamailau é unha montaña relativamente fácil de escalar. Desde Hatu Builico, sito a unha altitude de 1950 m tárdanse unha 2 horas e media en atinxir o cume. A 2.700 m de altura hai un altar a aire libre. Na cima hai, desde 1997, unha imaxe da Virxe María, e unha inscrición, en portugués, datada en 1938, indica que o pico era a maior elevación do Imperio portugués. Desde a cima, en días claros, pódese ver a costa setentrional e a meridional de Timor e máis tamén o illa de Atauro.
Contorno ambiental
[editar | editar a fonte]Desde os 2.000 m de altura a zona está so protección desde o ano 2000. Cunha superficie de 20.000 hectáreas é unha importante zona de aves salvaxes.