Fiona Fullerton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1956 (68 anos) Kaduna, Nixeria |
Educación | Elmhurst Ballet School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, empresaria |
Período de actividade | 1969 - |
Familia | |
Cónxuxe | Simon MacCorkindale (1976–1981) |
|
Fiona Elizabeth Fullerton, nada en Kaduna, Nixeria, o 10 de outubro de 1956, é unha actriz británica de cinema e televisión.
É coñecida polo seu papel da espía da KGB Pola Ivanova na película de James Bond Assassin's Sights (1985) e como Alicia no filme de 1972 Alice in Wonderland, baseado na obra homónima de Lewis Carroll.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É filla de Bernard e Pamela (de solteira Crook) Fullerton. Filla única, viviu cos seus pais en Singapur, Alemaña, Estados Unidos e Nixeria. Despois de clases semanais de ballet, aos 9 anos foi aceptada como alumna na Elmhurst Ballet School de Camberley, Surrey.
Fullerton casou co actor Simon MacCorkindale en 1976 á idade de dezanove anos, pero o matrimonio terminou nun divorcio en 1981. Despois pasou trece anos vivindo e traballando en Londres. Coñeceu a Neil Shackell e a parella casou pouco despois da súa reunión en 1994, mudándose para os Cotswolds co seu fillo James e a súa filla Lucy (nados en 1995).
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Películas
- Run Wild, Run Free de Richard C. Sarafian (1969) como Diana.
- Nicholas and Alexandra, de Franklin J. Schaffner (1971) como Anastasia.
- Alice's Adventures in Wonderland de William Sterling (1972) como Alicia.
- A Question of Faith (1979) de Colin Nears.
- The Human Factor (1979) de Otto Preminger como Elizabeth.
- The Ibiza Connection (1984) como Jane Verdi.
- 007: Panorama para matar (A View to a Kill, 1985) de John Glen como Pola Ivanova.
- Shaka Zulu (1987) como Elizabeth Farewell.
- Eine Frau names Harry (1990) como Catherine.
- Diggity: A Home at Last (2001) de Tom Reeve, como Felicia.
- TV
- Angels (13 episodios, 1975-1976) como Patricia Rutherford.
- Dick Barton (1 episodio, 1979) como Virginia Marley.
- Gauguin the Wild (TV, 1980) como Rashel.
- The Kenny Everett Television Show (1 episodio, 1985) como Various.
- Keep the Dream Alive (TV, 1986) como Sky Smith.
- Shaka Zulu (1 episodio, 1987) como Elizabeth Farewell.
- The Charmer (6 episodios, 1987) como Clarice Mannors.
- A Hazard of Hearts (TV, 1987) como Lady Isabel Gillingham.
- Hemingway (TV, 1988) como Lady Duff Twysden.
- A Taste for Death (6 episodios, 1988) como Lady Barbara Berowne.
- Ian Fleming's Secret Life (TV, 1990) como Lady Caroline.
- A Ghost in Montecarlo (TV, 1990) como Lady Violet.
- To be the best (TV, 1992) como Madelena.
- Tropical Heat (1 episodio, 1992) como Claire.
- The Bogie Man (TV, 1992)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiona Fullerton |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fiona Fullerton Arquivado 17 de decembro de 2022 en Wayback Machine. (sitio web en inglés )