Saltar ao contido

Ferrocarril Rético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaFerrocarril Rético
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipooperador ferroviario
railway infrastructure manager (en) Traducir
ferrovia de aderência (pt) Traducir
rede ferroviaria Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaGrisóns, Suíza Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións384 (lonxitude) km
Superficie152 ha Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación7 de febreiro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
29 de outubro de 2022 world's longest-ever passenger train (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
FundadorWillem Jan Holsboer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PropietarioGrisóns e Suíza Editar o valor en Wikidata

Páxina webrhb.ch Editar o valor en Wikidata

O Ferrocarril rético (alemán: Rhätische Bahn, italiano: Ferrovia Retica, romanche: Viafier Retica), abreviado como RhB, é unha empresa de transporte suíza que posúe a maior rede de todos os operadores ferroviarios privados en Suíza. O RhB opera todas as liñas de ferrocarril do cantón suízo de Grisóns, excepto a liña de Sargans ata a capital cantonal, Chur, que é operadas polos Swiss Federal Railways (SBB CFF FFS), así como a liña de Disentis/Mustér ata o Paso de Oberalp e máis adiante ata Andermatt, Uri, que é operado polo Matterhorn Gotthard Bahn (MGB). Inaugurada en 1888 e ampliada a partir de 1896 en varias seccións, a rede RhB está situada case na súa totalidade dentro dos Grisóns, cunha estación ao outro lado da fronteira con Italia en Tirano.

O Ferrocarril Rético serve a varios destinos turísticos importantes, como San Moritz e Davos. Unha das liñas RhB, o Bernina Railway, cruza o paso de Bernina a 2253 m. sobre o nivel do mar e baixa ata Tirano, Lombardía en Italia.

En 2008, o tramo RhB da área de Albula/Bernina (a parte de Thusis a Tirano, incluíndo Sankt Moritz) engadiuse á lista da UNESCO do Patrimonio da Humanidade. A liña Albula-Bernina é a primeira liña ferroviaria do mundo fotografiada e posta en Google Street View.[1] A compañía tamén opera varios trens históricos na rede.[2]

O establecemento do Ferrocarril Rético remóntase ao Holandés Willem Jan Holsboer, quen propuxo unha liña de ferrocarril desde Landquart ata Davos en 1888. Holsboer fundou o Lanquart- Davos AG para comezar a construción dunha liña de ancho estándar, pero o terreo montañoso carecía de espazo suficiente. O 29 de xuño de 1888 tivo lugar a cerimonia de inauguración dun ferrocarril de vía estreita.

En 1895, Holsboer cambiou o nome da súa empresa a Rhaetian Railway (Rhätische Bahn) para reflectir os seus plans de expansión da rede. En 1897, celebrouse un referendo para o Ferrocarril Rético para ofertar as operacións dos Ferrocarrís Estatal de Grisóns/Grisóns.

Durante os anos 1907 a 1910, o Ferrocarril Rético, en colaboración cos gobernos federal e cantonal, acometeu unha ampliación a grande escala da súa rede. En 1896, abriuse a liña Chur-Thusis, a esta seguiu a liña Albula en 1903 e a serie de proxectos de ampliación que se desenvolveron ata 1922.

Todas as liñas RhB teñen Modelo:RailGauge de ancho e están electrificadas:

  • 61 km (37,9 mi) (o ferrocarril de Bernina de St Moritz a Tirano) está electrificado a 1000 V DC.
  • 321 km (199,5 mi) está electrificado a 11 kV 16,7 Hz (incluíndo dende 1997 Chur-Arosa e o novo túnel da Vereina).

A rede contén 84 túneles (o máis longo é o Túnel da Vereina de 19´042, inaugurado o 19 de novembro de 1999, e o Túnel da Albula de 5´864 km.) e 383 pontes. A pendente máxima é do 7% no ferrocarril de Bernina,[3] 6% na liña Chur–Arosa e 4,5% na liña Landquart–Davos.

Trazado do ferrocarril rético
Referencias
  1. "Street View hits the stunning Swiss Alps railways". Google Official Blog. 20 de outubro de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  2. Steam - & Nostalgic rides, Rhaetian Railway
  3. "The Rhaetian Railway - Bernina Railroad". www.ebepe.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]