Saltar ao contido

Falange Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falange Española (FE)
Dirixentes e organización
LíderJosé Antonio Primo de Rivera
Historia
Fundación29 de outubro de 1933
Disolución15 de febreiro de 1934
Posicións políticas
IdeoloxíaFascismo[1]
Extrema dereita [Cómpre referencia]
Na rede
BNE: XX94693

Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo do ditador Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

FE recollía os intentos realizados durante o comezo da Segunda República Española para crear un partido fascista español, así do pequenísimo Frente Español (FE) colleu as siglas e os seus estatutos mais tamén as súas ideas orteguianas: a nación como comunidade de destino e a necesidade de vertebrar España. A Falange tamén mantivo boas relacións cos monárquicos de Renovación Española e cos carlistas. Contaba cunhas milicias do partido dirixidas por Ricardo de Rada.

O partido non se presentou ás eleccións de 1933 pero José Antonio Primo de Rivera presentouse como deputado por Cádiz nunha lista monárquica, saíndo elixido cun 18,5% dos votos.

Desde o primeiro momento a Falange intentou integrar ás JONS de Ramiro Ledesma Ramos pero este era remiso a pactar con Primo de Rivera, con todo ao final chegouse a un acordo e o 15 de febreiro de 1934 fusionábanse as dúas organizacións dando lugar á Falange Española de las JONS.

  1. Slaven, James (2018). "The Falange Española: A Spanish Paradox". Proceedings of the 10th International RAIS Conference on Social Sciences and Humanities (Atlantis Press) 211: 235. ISSN 2352-5398. doi:10.2139/ssrn.3266916. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2019. On October 29, 1933, José Antonio Primo de Rivera founded a fascist political party in Madrid, Spain, called Falange Española (FE). (...) The FE was a distinctly fascist movement, containing “nearly all the general qualities and characteristics… of generic thirdpotitionist (Payne 1995, 261).