Ezimûn
Ezimûn | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ئەزموون |
Director | Shawkat Amin Korki |
Produtor | Mehmet Aktaş |
Guión | Mohamedreza Gohari Shawkat Amin Korki |
Intérpretes | Avan Jamal Vania Salar Hussein Hassan Shuan Atoof Mohammed Warya Hoshyar Zero Nerwayi |
Música | Mehmud Berazi |
Fotografía | Adib Sobhani |
Estrea | 2021 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Iraq |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Ezimûn (en kurdo central: ئەزموون) é un filme iraquí rodado en lingua kurda dirixido por Shawkat Amin Korki e producida por Mehmet Aktaş. Está protagonizado polas actrices kurdas Avan Jamal e Vania Salar, e o resto do elenco está composto por Hussein Hassan, Shuan Atoof, Mohammed Warya, Hoshyar Zero Nerwayi.
Ezimûn foi o filme de apertura do 8º Festival Internacional de Cinema de Duhok. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rojin é unha moza kurda de Iraq que está a piques de facer o exame de acceso á universidade. A súa irmá máis vella Shilan, que é infeliz no seu matrimonio, decide axudala coa esperanza de que teña unha mellor vida ca a súa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Actor | Papel |
---|---|
Avan Jamal | Shilan |
Vania Salar | Rojin |
Hussein Hassan Ali | Sardar |
Shuan Atoof | Jamal |
Mohammed Warya | estudante |
Hoshyar Zero Nerwayi | enxeñeiro |
Nigar Osman | Munira |
Kawa Qadir | Jamal |
Adel Abdulrahman | Karim |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "العراق يرشح فيلم "التجربة" للمخرج الكوردي شوكت أمين لتمثيله بالأوسكار". Rudawarabia.net. 9 de outubro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2022.