Saltar ao contido

Estados da antiga Unión Soviética

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estados da antiga Unión Soviética, Ex repúblicas soviéticas ou Estados postsoviéticos son termos sinónimos utilizados para referirse ás antigas repúblicas que conformaban a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.[1][2]

Localización xeográfica das ex repúblicas soviéticas.

Despois da caída da Unión Soviética en 1991, esta dividiuse en 15 países independentes, algúns dos cales foran no pasado fundadores da Unión Soviética en decembro de 1922, coa fusión da República Socialista Federativa Soviética de Rusia, República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (actuais Xeorxia, Armenia e Acerbaixán), República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína) e a República Socialista Soviética de Belarús (actual Belarús).

Cada un destes países ten a súa propia cultura e lingua. Porén, a raíz desta unión de máis de medio século mantéñense aínda algúns lazos culturais entre os países independizados; entre outros aspectos resalta o uso do ruso como lingua franca. Así e todo poden citarse casos extremos: Ucraína adoptou o ucraíno como idioma oficial, Letonia require que os seus habitantes aproben un exame en letón para poder adquirir os dereitos da cidadanía da Unión Europea e en Belarús úsase o ruso en case todos os asuntos oficiais.[3]

Algunhas das ex repúblicas soviéticas forman parte da Comunidade de Estados Independentes.

Categorización

[editar | editar a fonte]
Agrupación rexional dos distintos Estados da antiga Unión Soviética:
     Rusia      Asia Central      Europa Oriental      Estados bálticos      Cáucaso
As ex repúblicas soviéticas:
1. Armenia; 2. Acerbaixán; 3. Belarús; 4. Estonia;
5. Xeorxia; 6. Kazakhstán; 7. Kirguizistán; 8. Letonia;
9. Lituania; 10. Moldova; 11. Rusia; 12. Tadjiikistán;
13. Turkmenistán; 14. Ucraína; 15. Uzbekistán

Os Estados da antiga Unión Soviética adoitan dividirse tipicamente nos seguintes cinco grupos. Cada rexión ten características culturais, políticas e xeográficas comúns, así como factores na súa relación coa historia de Rusia, a Unión Soviética e a Unión Europea.[4][5][6] [7]

Rusia, debido ao seu papel dominante na rexión, trátase como unha categoría en si mesma, aínda que tamén declarara a súa independencia da Unión Soviética.

  1. [1] Mostra que xornalistas e Think Tanks (por exemplo, Rand) utilizan moi frecuentemente o termo FSU (Antiga Uniómn Soviética) (en inglés) Consultada o 27/12/2011.
  2. Organizacións de asistencia social que tratan con persoas destes países, por exemplo JBFCS Arquivado 02 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. usan tamén este termo.
  3. Smith, David James (2001). Estonia. Routledge. p. 20. ISBN 0415267285. .
  4. Working group discusses Uzbekistan's accession to EurAsEC Arquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 27/12/2011.
  5. RIA Novosti report, July 6, 2010, "Customs Union of Russia, Belarus, Kazakhstan to become fully operational" (en inglés) Consultada 0 27/12/2011.
  6. RIA Novosti report, November 26, 2010, "Ukraine eyes customs union with Russia, Kazakhstan, Belarus" (en inglés) Consultada o 27/12/2011.
  7. Robert Greenall, "Russians left behind in Central Asia", BBC News, 23 November 2005. {én}} Consultada o 23/12/2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Banco Mundial (20002): Transition: The First Ten Years – Analysis and Lessons for Eastern Europe and the Former Soviet Union. Washington, D.C.
  • "Study Finds Poverty Deepening in Former Communist Countries". New York Times, 12 de outubro de 2000.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]