Estadio Koshien
Estadio Koshien | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 34°43′17″N 135°21′42″L / 34.721388888889, 135.36166666667 |
Localización | Nishinomiya, Xapón |
Alcume | Koshien |
Construción | |
Inauguración | 1 de agosto de 1924 |
Ampliación | 2007–2010 |
Arquitecto | Ōbayashi Gumi |
Custo | ¥ 2.500.000 (en 1924) |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | Left Field – 95 m (312 ft) Left Center Field – 118 m (387 ft) Center Field – 118 m (387 ft) Right Center Field – 118 m (387 ft) Right Field – 95 m (312 ft) |
Capacidade | 47.508 espectadores |
Propietario | Hanshin Denki Tetsudō |
Operadora | Hanshin Tigers |
Localía | Hanshin Tigers (1936–presente) Nankai Hawks (1948–1949) Torneos Kōshien (1925–presente) |
Web | https://koshien.hanshin.co.jp/ |
Eventos | |
Campeonato de beisebol escolar do Japão e Japanese High School Baseball Invitational Tournament | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Hanshin Koshien (阪神甲子園球場 Hanshin Kōshien Kyūjō?), habitualmente coñecido como Estadio Koshien é un parque de béisbol situado nas proximidades de Kōbe, en Nishinomiya, Hyōgo (Xapón). O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Desde 1936 é o estadio local dos Hanshin Tigers da Liga Central da Nippon Professional Baseball.
Alén dos xogos dos Tigers, o estadio alberga anualmente o Campionato Nacional de Béisbol entre Institutos (全国高等学校野球選手権大会 Zenkoku Kōtō Gakkō Yakyū Senshuken Taikai?) en agosto, así como o menos importante Torneo Invitacional de Béisbol entre Institutos (選抜高等学校野球大会 Senbatsu Kōtō Gakkō Yakyū Taikai?) en marzo. Normalmente, embos torneos son coñecidos simplemente como "Kōshien de verán" e "Kōshien de primavera". Estes torneos gozan de gran popularidade, sendo o torneo afeccionado máis importante do país. De feito, se os torneos coinciden con encontros dos Tigers, estes pospoñense para outras datas. Tamén alberga cada ano a final do torneo universitario de fútbol americano, máis coñecido como Koshien Bowl. O lendario xogador de béisbol Babe Ruth xogou un partido amigábel no estadio en 1934, sendo este feito conmemorado cunha placa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Povich, Shirley (5 de febreiro de 2005). "Legend, Truth Mix With Ruth: 100th Anniversary of Babe's Birth". Washington Post.