Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1896
Tipo | Esgrima nos Xogos Olímpicos |
---|---|
Parte de | Xogos Olímpicos de 1896 |
Número de participantes | 15 |
Localización e Datas | |
Localización | Zappeion (pt) (Município de Atenas (pt) ) 37°58′17″N 23°44′11″L / 37.97139, 23.73639 |
País | Grecia |
Data | 1896 |
Competición | |
Resultado | |
Men's sabre | Ioannis Georgiadis |
Men's foil | Eugène-Henri Gravelotte |
Men's foil | Leonidas Pyrgos |
Nos Xogos Olímpicos de 1896 disputáronse tres probas de esgrima no recinto do Zappeion, un edificio situado nos Xardíns Nacionais de Atenas, entre o 7 e o 9 de abril. A competición preparouna o subcomité de esgrima, e finalmente a proba de espada quedou anulada, todas as probas facíanse a tres toques. Establecéronse as categorías de afeccionados e mestres, esta última marcou o primeiro precedente de participación de profesionais nos Xogos Olímpicos e durante anos a esgrima foi o único deporte olímpico que admitía deportistas profesionais. En total foron 15 atletas de catro países os que competiron nas diferentes probas, conseguindo medalla 8 tiradores diferentes pertencentes a 3 países.
Medalleiro
[editar | editar a fonte]O Comité Olímpico Internacional asignou estas medallas a posteriori. Na época, os gañadores recibían unha medalla de prata e os seguintes non recibían premio ningún.
Proba | |||
Florete | Eugène-Henri Gravelotte | Henri Callot | Periklis Pierrakos-Mavromichalis |
Florete profesional | Leonidas Pyrgos | Jean Maurice Perronet | |
Sabre | Ioannis Georgiadis | Telemachos Karakalos | Holger Nielsen |
Probas
[editar | editar a fonte]Florete
[editar | editar a fonte]A competición de florete foi unha das tres probas de esgrima que se disputaron nesta edición dos Xogos Olímpicos. Realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril coa participación de oito tiradores, repartidos en dous grupos de 4. O primeiro de cada grupo clasificouse para a final, mentres que a Periklis Pierrakos-Mavromichalis outorgáronlle a terceira posición por ser o mellor terceiro. A segunda vitoria de Vouros (enfrontamento B6) debeuse a unha sanción a Komninos-Miliotis.
Rolda Preliminar
[editar | editar a fonte]Grupo A
[editar | editar a fonte]TF: Touches a favor - TC: Touches en contra - G: Gañados - P: Perdidos
Posición | Atleta | TF | TC | G | P |
---|---|---|---|---|---|
1 | Henri Callot | 9 | 4 | 3 | 0 |
2 | Perikles Pierrakos-Mavromichalis | 7 | 4 | 2 | 1 |
3 | Henri Delaborde | 5 | 7 | 1 | 2 |
4 | Ioannis Poulos | 3 | 9 | 0 | 3 |
Combate | Vencedor | Touches | Perdedor |
---|---|---|---|
A1 | Periklis Pierrakos-Mavromichalis | 3-1 | Henri Delaborde |
A2 | Henri Callot | 3-2 | Ioannis Poulos |
A3 | Periklis Pierrakos-Mavromichalis | 3-0 | Ioannis Poulos |
A4 | Henri Callot | 3-1 | Henri Delaborde |
A5 | Henri Callot | 3-1 | Periklis Pierrakos-Mavromichalis |
A6 | Henri Delaborde | 3-1 | Ioannis Poulos |
Grupo B
[editar | editar a fonte]TF: Touches a favor - TC: Touches en contra - G: Gañados - P: Perdidos
Posición | Atleta | TF | TC | G | P |
---|---|---|---|---|---|
1 | Eugène-Henri Gravelotte | 9 | 5 | 3 | 0 |
2 | Athanasios Vouros | 8 | 4 | 2 | 1 |
3 | Konstantinos Komninos-Miliotis | 5 | 7 | 1 | 2 |
4 | Georgios Balakakis | 3 | 9 | 0 | 3 |
Combate | Vencedor | Touches | Perdedor |
---|---|---|---|
B1 | Konstantinos Komninos-Miliotis | 3-1 | Georgios Balakakis |
B2 | Eugène-Henri Gravelotte | 3-2 | Athanasios Vouros |
B3 | Athanasios Vouros | 3-1 | Georgios Balakakis |
B4 | Eugène-Henri Gravelotte | 3-2 | Konstantinos Komninos-Miliotis |
B5 | Eugène-Henri Gravelotte | 3-1 | Georgios Balakakis |
B6 | Athanasios Vouros | 3-0 (w/o) | Konstantinos Komninos-Miliotis |
Final
[editar | editar a fonte]Combate | Vencedor | Touches | Perdedor |
---|---|---|---|
F | Eugène-Henri Gravelotte | 3-2 | Henri Callot |
Florete profesional
[editar | editar a fonte]A competición de florete profesional realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril, xusto despois da competición de afeccionados. Foi a única proba para profesionais destes Xogos Olímpicos, tan só participaron dous tiradores, e un só enfrontamento decidiu as medallas: Leonidas Pyrgos de Grecia gañou ao francés Jean Maurice Perronet por 3 a 1, sendo o primeiro campión grego dos Xogos Olímpicos da Era Moderna.
Final
[editar | editar a fonte]Combate | Vencedor | Touches | Perdedor |
---|---|---|---|
1 | Leonidas Pyrgos | 3-1 | Jean Maurice Perronet |
Sabre
[editar | editar a fonte]A competición de sabre disputouse o 9 de abril, participaron 5 tiradors: 3 gregos, un danés e un austríaco. Cada tirador enfrontábase ao resto, un total de 10 combates. Georgiadis foi o vencedor, gañando todos os seus combates.
Enfrontamentos
[editar | editar a fonte]Combate | Gañador | Touches | Perdedor |
---|---|---|---|
1 | Telemachos Karakalos | 3-0 | Adolf Schmal |
2 | Ioannis Georgiadis | 3-0 | Georgios Iatridis |
3 | Telemachos Karakalos | 3-2 | Holger Nielsen |
4 | Ioannis Georgiadis | 3-2 | Adolf Schmal |
5 | Holger Nielsen | 3-1 | Georgios Iatridis |
6 | Ioannis Georgiadis | 3-1 | Telemachos Karakalos |
7 | Adolf Schmal | 3-2 | Georgios Iatridis |
8 | Ioannis Georgiadis | 3-2 | Holger Nielsen |
9 | Telemachos Karakalos | 3-0 | Georgios Iatridis |
10 | Holger Nielsen | 3-2 | Adolf Schmal |
Clasificación final
[editar | editar a fonte]TF: Touches a favor - TC: Touches en contra - G: Gañados - P: Perdidos
Posición | Tirador | TF | TC | G | P |
---|---|---|---|---|---|
Ioannis Georgiadis | 12 | 6 | 4 | 0 | |
Telemachos Karakalos | 11 | 5 | 3 | 1 | |
Holger Nielsen | 10 | 9 | 2 | 2 | |
4 | Adolf Schmal | 7 | 11 | 1 | 3 |
5 | Georgios Iatridis | 3 | 12 | 0 | 4 |
Países participantes
[editar | editar a fonte]Un total de 15 tiradores, de 4 países participaron nos Xogos Olímpicos de Atenas:
Medalleiro por países
[editar | editar a fonte]Posición | País | Total | |||
1 | Grecia | 2 | 1 | 1 | 4 |
2 | Francia | 1 | 2 | 0 | 3 |
3 | Dinamarca | 0 | 0 | 1 | 1 |
Austria participou nas probas sen conseguir medalla ningunha.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1896 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lampros, S.P.; Polites, N.G.; De Coubertin, Pierre; Philemon, P.J.; Anninos, C. (1897). The Olympic Games: BC 776 – AD 1896 (PDF). Atenas: Charles Beck. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2013.
- Mallon, Bill; & Widlund, Ture (1998). The 1896 Olympic Games. Results for All Competitors in All Events, with Commentary. Jefferson: McFarland. ISBN 0-7864-0379-9. (Extracto dispoñible en aafla.org)
- Smith, Michael Llewellyn (2004). Olympics in Athens 1896. The Invention of the Modern Olympic Games. Londres: Profile Books. ISBN 1-86197-342-X.