Escafópodos
Escafópodos Scaphopoda Cabeiros / dentalios | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Antalis vulgaris | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
Os escafópodos (Scaphopoda),[2] coñecidos vulgarmente como cabeiros[3] ou dentalios,[4] son un pequeno grupo de moluscos que teñen unha cuncha lixeiramente curvada en forma de dente de elefante que está perforada polos dous extremos: unha parte anterior que é máis ancha e esta disposta cara a abaixo, e unha parte posterior que é máis estreita e está disposta cara a arriba, xa que é o lugar por onde entra e sae a auga.
Estes animais posúen simetría bilateral e viven enterrados na area ou na lama e teñen un pé furador trilobulado que sobresae pola abertura anterior arredor do cal saen uns tentáculos longos e delgados chamados captáculos que serven para procurar o alimento.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Scaphopoda está formado polos elementos do latón científico scapho-, tirado do grego antigo σκάφη skáphē, 'bote', e -poda, forma plural de -podus, derivada do grego antigo πούσ ποδός poús, podós, 'pé', en alusión á forma do pé destes moluscos.[5]
Os nomes vulgares cabeiro e dentalio derivan, respectivamente, da súa forma de dente cairo, e do xénero Dentalium, que comprende algunhas das especies máis coñecidas desta clase de moluscos.
Anatomía interna
[editar | editar a fonte]Aparato dixestivo
[editar | editar a fonte]Estes animais posúen unha masa bucal ben desenvolvida que contén un odontóforo e unha rádula, característicos da maioría dos bivalvos, e que lles serve para esnaquizar e axudar a tragar o alimento. Logo teñen un esófago que se continúa nun estómago que desemboca nun cego onde hai unhas glándulas dixestivas. A continuación está o intestino que bota as feces a través do ano e estas chegan á cavidade paleal e son expulsadas polas correntes de auga que circulan pola mesma.
Sistema nervioso
[editar | editar a fonte]É semellante ao dos bivalvos protobranquios pero con dous ganglios bucais que están conectados aos ganglios cerebrais. Como principais órganos dos sentidos están os captáculos que semellan ter unha función táctil e que algún tipo de estímulo fai que o animal comece a enterrarse. Tamén teñen uns estatocistos situados no pé. A cabeza e a cefalización están moi pouco desenvolvidas.
Aparato circulatorio
[editar | editar a fonte]En xeral, os escafópodos carecen de corazón e cavidade pericárdica e no seu lugar a circulación funciona por unha serie de seos abertos.
Aparato respiratorio
[editar | editar a fonte]Carecen de branquias, e no seu lugar usan os pregos do manto para os procesos de intercambio respiratorio de gases.
Aparato excretor
[editar | editar a fonte]Teñen uns órganos excretores tipo nefridio que non están conectados co celoma pericárdico.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Son animais dioicos, e dicir, de sexos separados (macho e femia). No corpo destes animais aparece unha gran gónada que percorre a metade do corpo. A partir da fecundación aparece unha larva trocófora que sofre unha metamorfose e transfórmase nunha larva velíxera.
Alimentación
[editar | editar a fonte]A maior parte da súa alimentación baséase nos detritos e diversos protozoos do substrato. Estes son capturados polos cilios do pé e son levados á boca.
Distribución
[editar | editar a fonte]Existen máis de 300 especies de cabeiros[6], sendo todos eles mariños. A inmensa maioría deles viven en augas pouco profundas ou medias, aínda que algúns poucos poden chegar a habitar a grande profundidade (ata 5.000 m).
Distribución en Galicia
[editar | editar a fonte]Actualmente, segundo Rolán e Otrero Schmitt só se atopan dúas especies na costa galega:[7]
- Dentalium vulgare da Costa, 1768, hoxe clasificado como Antalis vulgaris (da Costa, 1778).[8]
- Dentaluim novemcostatum Lamarck, 1818, hoxe clasificado como Antalis novemcostata (Lamarck, 1818).[9]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o World Register of Marine Species, a clase dos Scaphopoda comprende dúas ordes,[1] coas familias seguintes:
- Orde Dentaliida Starobogatov, 1974 [10]
- Familia Anulidentaliidae Chistikov, 1975
- Familia Calliodentaliidae Chistikov, 1975
- Familia Dentaliidae Children, 1834
- Familia Fustiariidae Steiner, 1991
- Familia Gadilinidae Chistikov, 1975
- Familia Laevidentaliidae Palmer, 1974
- Familia Omniglyptidae Chistikov, 1975
- Familia Rhabdidae Chistikov, 1975
- Orde Gadilida Starobogatov, 1974 [11]
- Suborde Entalimorpha Steiner, 1992 [12]
- Familia Entalinidae Chistikov, 1979
- Suborde Gadilimorpha Steiner, 1992 [13]
- Familia Gadilidae Stoliczka, 1868
- Familia Pulsellidae Boss, 1982
- Familia Wemersoniellidae Scarabino, 1986
- Suborde Entalimorpha Steiner, 1992 [12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Scaphopoda Bronn, 1862 no WoRMS.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escafópodos.
- ↑ "Cabeiro-a". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.(3ª acepción)
- ↑ dentalio s.m. Molusco escafópodo (Dentalium vulgare), de cuncha tubular e afusada, en forma de dente de elefante [vive en fondos lamacentos, sobre todo no interior das rízas]. En: Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009.
- ↑ Scaphopoda en MyEtymology.
- ↑ Hickman, C.P., Roberts, L. e Larson, A. Integrated Principles of Zoology, 11ª edición. Editorial McGraw-Hill, Nova York (2001)
- ↑ Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3, páx. 269.
- ↑ Antalis vulgaris (da Costa, 1778) no WoRMS.
- ↑ Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) no WoRMS.
- ↑ Dentaliida Starobogatov, 1974 no WoRMS.
- ↑ Gadilida Starobogatov, 1974 no WoRMS,
- ↑ Entalimorpha no WoRMS.
- ↑ Gadilimorpha no WoRMS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escafópodos |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escafópodos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
- D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
- Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
- Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
- Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
- Steiner, G. & Kabat, A. R. (2004): "Catalog of species-group names of Recent and fossil Scaphopoda (Mollusca). Zoosystema 26 (4): 549-726. Ver en liña.
- VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Class Scaphopoda Bronn 1862 Arquivado 17 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Scaphopoda no ITIS.
- Scaphopoda na ADW. Con ampla información e bibliografía (en inglés).
- Scaphopoda na EOL. Con información e numerosas imaxes (en inglés).
- The Scaphopod Page (en inglés)
- Ron Shimek's scaphopod page (en inglés)