Erich B. Cahn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Erich Bernhard Cahn 24 de febreiro de 1913 Frankfurt, Alemaña |
Morte | 26 de abril de 1993 (80 anos) Berna Suíza |
País de nacionalidade | Alemá (ata 1948). Suíza (desde 1948). |
Educación | Universidade de Basilea. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | historiador da arte, numismático |
Familia | |
Parentes | Adolph E. Cahn, avó Willy Schwabacher, curmán entregue Herbert A. Cahn, curmán entregue |
Premios | |
- (1978): Premio da GIG. - (1983): Premio Otto Paul Wenger. |
Erich Bernhard Cahn, nado o 24 de febreiro de 1913 en Frankfurt e finado o 26 de abril de 1993 en Berna, foi un numismático e comerciante de moedas alemán, nacionalizado suízo en 1948.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Erich B. Cahn proviña dunha coñecida familia de comerciantes numismáticos de Frankfurt. O seu avó, Adolph E. Cahn (1840-1918) fundara en 1874 unha tenda de moedas nesa cidade, que chegou a organizar poxas importantes.[3] O seu pai, Ludwig Theodor Cahn (1877-1924) e o seu irmán Julius Cahn (1871-1935) dirixiron conxuntamente ese negocio familiar ata despois da primeira guerra mundial.[4]
Logo dunha emigración forzada a Suíza, Eric trasladouse con outro dos seus irmáns, Herbert A. Cahn, e instaláronse en Basilea en outubro de 1933.[5] O ano seguinte, os irmáns Cahn fundaron alí a comopañía Münzhandlung Basel AG, renomeada en 1941 como Münzen und Medaillen AG, que se converteu nun dos referentes do comercio numismático a nivel mundial.[1]
Ademais do labor comercial, Erik B. Cahn foi un investigador numismático e é autor de diversos traballos monográficos acerca da historia da moeda suíza e do sur de Alemaña. En 1968 acadou o doutoramento pola Universidade de Basilea cunha tese acerca das moedas da Baviera ducal e electoral de 1506 a 1679.[1][6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1978): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG), de Frankfurt.[7]
- (1983): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Erich B. Cahn:[9][10]
- (1957). Bewertungstabellen der Deutschen Reichsmünzen seit 1871 (con K. Jaeger). Münzen und Medaillen A.G., Basilea.
- (1957). Der Münzfund vom "Storchen-Areal", Basel 1957. Historisches Museum, Basilea.
- (1959). Fribourg. Société suisse de numismatique, Berna.
- (1962). Die Münzen des Hochstifts Eichstätt. H. Geiger, Grünwald.
- (1966). Adrian de Vries und seine kirchlichen Bronzekunstwerke in Schaumburg. Bösendahl, Rinteln.
- (1968). Münzgeschichte und Münzkatalog des Herzogtums und Kurfürstentums Bayern von der Münzreform des Jahres 1506 bis zum Tode des Kurfürsten Ferdinand Maria 1679. H. Geiger, Grünwald.
- (1969). Monnaies de Fribourg. Freiburger Münzen. Banque de l'État, Friburgo.
- (1968). Münzgeschichte und Münzkatalog des Herzogtums und Kurfürstentums Bayern. H. Geiger, Grünwald.
- (1975). Die Münzen Salzburgs. Association Internationale des Numismates Professionnels, Basilea. ISBN 9783201009454
- (1975). Schöne Münzen der Stadt Basel. / Belles monnaies de la Ville de Bâle. / Nice coins of the city of Basle. Stiftung für das Historische Museum, Basilea.
- (1976). Das schweizerische Münzwesen : Kurzgefasste Münzgeschichte der Schweiz von der Antike bis zur Neuzeit (con Herbert A. Cahn). Ott, Thun.
- (1979). Des Herrn Gottlieb Emanuel von Hallers eidgenössisches Medaillenkabinett 1780-1786 (con B. Kapossy). Bernisches historisches Museum, Berna.
- (1992). Münzen der Renaissance und des Barocks Kostbarkeiten aus der Sammlung der Zentralbibliothek Zürich. Wiesbaden Reichert. ISBN 9783859180574
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Friedländer, U. (2003).
- ↑ "Cahn, Erich B.". Deutsche Biograph.
- ↑ "Cahn, Adolph Emil Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Encyclopedic Dictionary of Numismatic Biographies . .
- ↑ Boer, H. (2016). 150 Jahre CAHN - die Firmengeschichte von 1863-2013.
- ↑ Friedländer , U. (2003). "HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse.
- ↑ Cahn, E. B. (1968). Bayerische Münzkataloge 6 Münzgeschichte und Münzkatalog des Herzogtums und Kurfürstentums Bayern von der Münzreform des Jahres 1506 bis zum Tode des Kurfürsten Ferdinand Maria 1679. H. Geiger, Grünwald.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte .
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
- ↑ "Cahn, Erich B.". WorldCat Identities.
- ↑ "Cahn, Erich Bernhard 1913-1993 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Friedländer, U. (2003). "Cahn, Erich". En Dictionnaire Historique de la Suisse (DHS).
- Geiger, H-U. (1983). "Erich B. Cahn siebzigjährig". En Schweizer Münzblätter. Vol. 33. Nº 129. Páxina 1.
- Berghaus, P. (1993). "Erich B. Cahn". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 42. Nº 6. Páxina 161.
- Berghaus, P. (1993). "Erich B. Cahn". En Geldgeschichtliche Nachrichten. Vol. 28. Nº 156. Páxina 187.
- Strauss, P. (1993). "Zum Tode von Erich Bernhard Cahn". En Helvetische Münzenzeitung. Vol. 28. Nº 7/8. Páxinas 412-413.