Emin Paxá
Nome orixinal | (he) אמין פאשה (de) Eduard Schnitzer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Isaak Eduard Schnitzer 28 de marzo de 1840 Opole, Polonia (pt) |
Morte | 23 de outubro de 1892 (52 anos) Estado Libre do Congo |
Causa da morte | homicidio |
Relixión | Xudaísmo, luteranismo e Islam |
Actividade | |
Lugar de traballo | África Oriental Alemã (pt) |
Ocupación | explorador, zoólogo, ornitólogo, médico, coleccionista de animais |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Mehmet Emin Paxá, nado en Oppeln (Silesia) o 28 de marzo de 1840 como Isaak Eduard Schnitzer e bautizado cara a 1847 como Eduard Carl Oscar Theodor Schnitzer e finado en Tanganica o 23 de outubro de 1892, foi un médico, aventureiro, naturalista e gobernador da provincia exipcia de Ecuatoria, no Alto Nilo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na localidade silesia de Oppeln, agora Opole cidade de Polonia, no seo dunha familia xudía-asquenací de clase media, criouse na cidade de Nysa e tras a morte do seu pai a súa nai converteuse ao protestantismo tras casar cun xentil e el foi bautizado. Estudou medicina e comezou a exercer en 1864 en Albania, entón pertencente ao Imperio Otomán. En 1875 chegou ao Sudán, adoptou o nome de Mehemet Emin aínda que non está claro que se convertese ao islam e estableceu unha consulta privada na capital Khartún, o gobernador da provincia de Ecuatoria Charles George Gordon nomeouno director do servizo sanitario da provincia ao ano seguinte. Gordon enviouno en misións diplomática aos reinos de Buganda e Bunyoro.
Gobernador de Ecuatoria
[editar | editar a fonte]En 1878 substituíu a Gordon como gobernador da provincia, que era basicamente unha colonia penitenciaria a máis de 3000 km do Cairo. A revolta de Muhammad Ahmad Al Mahdi que pretendía expulsar aos exipcios do Sudán estoupou en 1881 pero nos primeiros anos non chegou a Ecuatoria pero en 1884 controlaba xa case todo o Sudán e se achegaba perigosamente á provincia gobernada por Emin Paxá, un dos xenerais mahdistas, Karam Allah, envioulle un ultimato para que entregase a provincia, Emin Paxá convocou unha asemblea de oficiais na capital, Lado, que decidiu por unanimidade entregar a provincia pero Emin Paxá aínda que aceptando a decisión procurou demorala para gañar tempo e convencer aos seus oficiais de resistir aos mahdistas e executou a máis de 300 sediciosos para asegurar o firme control da provincia. O 26 de decembro de 1884 caeu Khartún en mans de Al Mahdi pero a noticia non chegou a Lada ata abril do ano seguinte, Emin decidiu trasladar a capital a Wadelai, a 400 km ao sur de Lado.
Rescate
[editar | editar a fonte]Tras Exipto abandonar as súas posesións no Sudán, o primeiro ministro exipcio Nubar Paxá ordenoulle evacuar a provincia, xunto ás 10.000 forzas exipcias que había repartidas en diferentes fortes, vía Zanzíbar, o cal era case imposible xa supuña atravesar 2000 km de territorio hostil. Emin Paxá realizou en 1886 un chamamento para que o mundo, e especialmente o Reino Unido, acudise no seu auxilio, o sentimento de culpa británico pola morte de Gordon o ano anterior fixo que o seu chamamento tivera éxito e fora organizado polo dono da Compañía de Navegación Británica, William Mackinon organizou unha expedición de rescate baixo a dirección de Henry Morton Stanley quen decide principiar a expedición desde a embocadura do río Congo en marzo de 1887, unha viaxe longa e extenuante que só se explica polo interese de Stanley por ofrecer a provincia de Ecuatoria a Leopoldo, rei dos belgas, exhausto Stanley encóntrase con Emin Paxá en abril de 1888, Stanley ten que volver ao Lago Vitoria para recoller ao que quedara da expedición, 200 portadores e 2 oficiais dos 620 portadores e 9 oficiais que eran ao comezo da expedición. En agosto de 1888 a gornición de Dufilé produciuse un motín e Emin Paxá e os oficiais exipcios depuxeron ao gobernador e decidiron xulgalo na capital da provincia pero en setembro cando se decidían a facelo os mahdistas entraron na provincia e Emin Paxá volveu ao poder coa axuda dos soldados rasos e decidiu deixalo forte de Dufilé e marchar cara Wadelai pero alí un consello de guerra condenara a Emin por deixar abandonada a posición de Dufilé. O 19 de febreiro de 1889 Emin e Stanley volvéronse encontrar en Msuá e o 10 de abril a expedición púxose en movemento sen agardar os exipcios de Waidelai que na súa totalidade decidiran partir coa expedición, foi unha marcha lenta e penosa, o 1 de decembro de 1889 chegaron á estación alemá de Bagamoyo e alí Emin Paxá sufriu un accidente ao caer desde o segundo andar da residencia onde se hospedaba, gravemente ferido Stanley marchou sen el e el non se recuperou ata xaneiro de 1890 e quedou na colonia alemá de Tanganica co ofrecemento de explorar o seu interior. En 1892 no transcurso dunha viaxe de exploración morreu asasinado por un mercador de escravos.