Eleccións xerais do Brasil de 2018
Eleccións xerais do Brasil de 2018 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2014 2022 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 7 de outubro de 2018, primeira volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 28 de outubro de 2018, segunda volta nas eleccións presidenciais do Brasil de 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | grupo de eleccións | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | presidente do Brasil. Duración do mandato: 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Primeira volta
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Investidura | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Substitúe: | Persoa elixida: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Michel Temer | Jair Bolsonaro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa inmediata de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
goberno de Jair Bolsonaro |
As eleccións xerais producíronse no Brasil dende o 7 de outubro de 2018, como primeira volta, para elixir o presidente e o vicepresidente, así como o Congreso Nacional, os Gobernadores e Vicegobernadores estatais, as Asembleas Lexislativas estatais e a Cámara Lexislativa do Distrito Federal.[1][2] A segunda volta produciuse o 28 de outubro de 2018, onde resultou elixido Jair Bolsonaro, do Partido Social Liberal.
Contexto
[editar | editar a fonte]Eleccións presidenciais do Brasil de 2014
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións xerais do Brasil de 2014.
As eleccións de 2014 resultaron coa candidata do Partido dos Traballadores, Dilma Rousseff, sendo reelixida como Presidenta na segunda volta co 51,6% dos votos, derrotando a Aécio Neves do Partido da Social Democracia Brasileira que recibiu o 48,4% dos votos.[3] Rousseff xa fora elixida por primeira vez nas eleccións de 2010, sucedendo ó seu mentor político, Luiz Inácio Lula da Silva, que estivo no cargo dende 2003 até 2011.
Destitución de Dilma Rousseff
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Destitución de Dilma Rousseff.
Porén, o 3 de decembro de 2015, os procedementos de acusación contra Dilma Rousseff foron aceptados oficialmente pola Cámara de Deputados.[4][5] O 12 de maio de 2016, o Senado Federal suspendeu temporalmente os poderes e deberes de Rousseff durante seis meses ou até que o Senado chegara a un veredicto: destituila do seu cargo se a declaraban culpable ou absolvela dos delitos imputados.[6][7] O Vicepresidente Michel Temer, do Partido do Movemento Democrático Brasileiro, asumiu os seus poderes e deberes como Presidente interino do Brasil durante a suspensión. O 31 de agosto de 2016, o Senado votou 61-20 a prol da acusación formal, declarando a Rousseff culpable de violar as leis orzamentais e destituíndoa do seu cargo (Art. 85, Constitución do Brasil). O vicepresidente Temer sucedeu a Rousseff como 37º presidente do Brasil.[8][9][10]
Ataque contra Bolsonaro durante a campaña
[editar | editar a fonte]Jair Bolsonaro foi acoitelado o 6 de setembro de 2018 mentres facía campaña na cidade de Juiz de Fora, Minas Gerais e interactuaba cose seus partidarios.[11] O fillo de Bolsonaro, Flávio, declarou que as feridas de seu pai eran só superficiais e que se estaba a recuperar no hospital.[12] A policía detivo e identificou o atacante como Adelio Bispo de Oliveira, quen afirmou que foi "ordenado por Deus para levar a cabo o ataque".[13] Flávio Bolsonaro declarou máis tarde que as feridas inflixidas parecen peores do que se pensaba inicialmente. El chiou no Twitter sobre a condición de seu pai, explicando que a perforación alcanzou parte do fígado, o pulmón e parte do intestino. Tamén afirmou que Bolsonaro perdera unha gran cantidade de sangue, chegando ó hospital cunha presión de 10/3, pero dende entón xa se estabilizara.[11][14][15] A maioría dos outros candidatos na carreira presidencial (de ambos lados do espectro político), e o actual presidente brasileiro, Michel Temer, condenaron o ataque.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eche un vistazo a las elecciones generales en Brasil de este domingo". La Nación, Grupo Nación (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ SB, teleSUR -. "Elecciones generales de Brasil: ¿Cómo es el sistema comicial?". Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ "Segundo turno Dilma Rousseff X Aécio Neves: Apuração dos votos e resultado das Eleições 2014 (Fonte: TSE) - UOL Eleições 2014". UOL Eleições 2014 (en portugués). Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Mundo, Leire Ventas* BBC. ""Impeachment" a Dilma Rousseff: ¿hubo un "golpe de Estado" en Brasil?". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ Borges, Rodolfo (12 de maio de 2016). "Claves del proceso de destitución de Dilma Rousseff". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ (www.dw.com), Deutsche Welle. "Cámara de Diputados anula votación de "impeachment" contra Dilma Rousseff | DW | 09.05.2016". DW.COM (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ "Del impeachment al Senado, Dilma Rousseff busca completar su resurrección política" (en castelán). 4 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ "Senado aprova impeachment, Dilma perde mandato e Temer assume". Processo de Impeachment de Dilma (en portugués). 31 de agosto de 2016. Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Mundo, Gerardo Lissardy* BBC. ""Impeachment": por qué condenaron a Dilma Rousseff en el Congreso de Brasil (y no fue corrupción)". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ FCH, teleSUR - ys - ir -. "Cronología del impeachment contra Dilma Rousseff". Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 Londoño, Ernesto (6 de setembro de 2018). The New York Times, ed. "Brazil Presidential Candidate Jair Bolsonaro Is Stabbed at Campaign Rally" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ Phillips, Dom (6 de setembro de 2018). the Guardian, ed. "Jair Bolsonaro: Brazil's far-right presidential hopeful stabbed at campaign rally" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ Savarese, Mauricio; Prengaman, Peter; Press, Associated (2018-09-06). "Brazil presidential candidate Bolsonaro stabbed during event". lasvegassun.com (en inglés). Consultado o 2022-02-01.
- ↑ Flávio, Bolsonaro (6 de setembro de 2018). "Flávio Bolsonaro 177 Senador_RJ Verified account". Twitter. Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ Savarese, Mauricio; Prengaman, Peter (6 de setembro de 2018). ABC News, ed. "Brazilian candidate Jair Bolsonaro stabbed during event" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ G1.com, ed. (6 de setembro de 2018). "Bolsonaro leva facada em MG: veja repercussão" (en portugués). Consultado o 6 de setembro de 2018.