Saltar ao contido

Eduardo Mendoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Mendoza

(2008) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Eduardo Mendoza Garriga Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona
Nova York Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, Prosa, tradución e Interpretación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista , escritor , dramaturgo , avogado , tradutor , guionista , novelista , intérprete Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de abril de 1997Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHelena Ramos
Ana Soler
ParellaRosa Novell Editar o valor en Wikidata
FillosAlexandre Mendoza Soler
 ()
Ferran Mendoza Soler (pt) Traducir
 () Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo Mendoza Arias-Carvajal Editar o valor en Wikidata  e Cristina Garriga Alemany (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0579258 BNE: XX1013037 Bitraga: 3497 Dialnet: 590755 Editar o valor en Wikidata

Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito, que rematou en 1965. En 1966 viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandonou Barcelona para marchar a Nova York como tradutor da ONU. Regresou á cidade condal en 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa parella, a directora e actriz Rosa Novell, faleceu en 2015.[1]

Literatura

[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer en 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.

Introduciuse na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.

Nos anos noventa inicia con Restauració (1990), a súa liña de escribir teatro en catalán, que posteriormente el mesmo traduce ao castelán, e novela en castelán, que mantén hoxe en día.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Restauració (1990)
  • Gloria (2008)
  • Nueva York (1986)
  • Barcelona modernista (1989)
  • Baroja, la contradicción (2001)
  • ¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés? (2007)

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2013, recibiu o Premio Planeta.[2]

  1. Blanco (28 de febreiro de 2015). "Fallece en Barcelona la gran dama del teatro Rosa Novell". el mundo. Es (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  2. Fernández, Laura (16 de outubro de 2010). "Eduardo Mendoza gana el Premio Planeta". elmundo.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]