Ebba Grön
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Ebba Grön | |
---|---|
Orixe | Estocolmo, Suecia |
Período | 1977–1983 1995 2003 |
Xénero(s) | punk rock, rock |
Selo(s) discográfico(s) | Mistlur Records |
Membros | Joakim Thåström Gunnar Ljungstedt Lennart Eriksson Anders Sjöholm |
Na rede | |
http://www.thastrom.se/ | |
Ebba Grön foi unha banda sueca de punk rock formada en Estocolmo en 1977. O grupo estaba composto por Joakim Thåström (voces, guitarra) Gunnar Ljungstedt (batería) e Lennart Eriksson (baixo, coros). Thåström, Ljungstedt e Eriksson tamén eran coñecidos como Pimme, Gurra e Fjodor. Tras a publicación do seu segundo álbum en 1981 uníuselles un cuarto membro, Anders Sjöholm, tamén coñecido como Stry Terrarie, nos teclados. A banda separaríase no ano 1983.
Unha das cancións máis famosas que gravaron é unha versión de "Den ena handen vet vad den andra gör" da banda sueca de progg Blå Tåget. Rebautizada como "Staten och kapitalet", a canción expresa un sentimento anti-capitalista sobre como o estado (staten) e o capitalismo controlan as corporacións (kapitalet) e escravizan á clase obreira.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante unha festa en decembro de 1977 en Rågsved, un suburbio de clase obreira de Estocolmo, Thåström, Gurra e Fjodor formaron unha banda chamada The Haters. Uns poucos días despois cambiaron o nome para Ebba Grön por unha palabra en clave usada pola policía na Operación Leo.[1]
Unha das primeiras cancións interpretadas por Ebba Grön foi a controvertida "Skjut en snut" (Dispara a un policía), a cal nunca foi oficialmente gravada. Na primavera de 1978 gravaron o seu primeiro sinxelo, "Antirock", composto polas cancións "Profit" e "Ung & sänkt".[2][1] A banda fíxose coas 500 copias e as vendeu na rúa. Tras un concerto en Långholmsparken, que foi gravado pola radio nacional, contactaron co selo Mistlur Records que lles ofreceu un contrato para reeditar o sinxelo.
Ebba Grön comezou un axitado período de xira por toda Suecia, durante o cal editaron dous sinxelos máis. En 1978 chegou o seu álbum de estrea, We're Only In It For The Drugs, con cancións sobre a dura e aburrida vida da xente nova nos suburbios de clase traballadora. As letras anarquietas foron moi controvertidas na súa época, e as do tema "Beväpna er" (Tomar as armas), sobre tmar as armas contra o goberno, a burguesía e a familia real sueca, non foron impresas no libreto do disco. O grupo tamén comezou a conseguir reputación por concertos problemáticos con vandalismo e pelexas. Nun dos seus concertos a banda foi atacada por neonazis e Fjodor usou o seu baixo para loitar con eles.
Ebba Grön tamén versionaron "White Riot" de The Clash e "Born to Be Wild" de Steppenwolf (que tamén foi gravada en estudio) nalgúns dos seus concertos.
En 1980 Ebba Grön publicou un sinxelo que se convertería na súa cancións máis famosa, unha versión do tema de Blå Tåget "Den ena handen vet vad den andra gör" (Unha man sabe o que a outra está facendo), retitulada como "Staten och kapitalet" (O estado e o capital), con letras anticapitalistas. O seu segundo álbum, Kärlek & Uppror (Amor e rebelión) editouse o seguinte ano, afastándose a súa música lixeiramente do punk rock. As melodías pegadizas e a imaxe de Ebba Grön como mozos rebeldes apelaron tanto aos punks como a un público máis amplo, facendo do disco un grande éxito.
Posteriormente nese mesmo ano recrutaron ao teclista Stry traéndo con el novas influencias. O sinxelo "Scheisse" foi lanzado en 1981 ao mesmo tempo que un sinxelo editado polo proxecto paralelo formado por Thåström, Gurra e Stry chamado Rymdimperiet, que posteriormente se convertería en Imperiet.
Durante a gravación do seu segundo álbum e a xira posterior a banda foi seguida por Johan Donner, que estaba facendo un documental sobre o grupo. Ebba the Movie foi estreado nas grandes pantallas en 1982.
O seu terceiro disco, Ebba Grön, apareceu en 1982 e a influencia de Stry fíxose máis obvia. A banda posteriormente dixo que intentaran facer un álbum ao estilo dos Rolling Stones; unha versión do tema dos Stones "Happy" foi gravada pero finalmente non incluída. O traballo ten teclados e ventos, e é máis melódico que os seus predecesores afastándose do punk.
Cando Fjodor terminou na cadea duranto catro meses por negarse a facer o servizo militar foi o principio do fin para Ebba Grön. Aínda así, sen Fjodor, a banda permaneceu viva como Rymdimperiet, que publicou o seu primeiro traballo en 1983. Musicalmente este traballo continua o desenvolvemento fóra do punk dos últimos discos de Ebba Grön. But Rasera, o primeiro álbum de Imperiet, é considerado como o derradeiro álbum de Ebba Grön. Imperiet tivo un bo comezo e foi a banda líder na escena do rock sueco durante os anos 80.
En 2003, pouco despois da morte de Joe Strummer, Mick Jones (guitarrista de The Clash) viaxou a Suecia para realizar un concerto tributo a Strummer con Ebba Grön.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
We're Only in It for the Drugs | 1979 | Mistlur Records |
Kärlek & uppror | 1981 | Mistlur Records |
Ebba Grön | 1982 | Mistlur Records |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ebba Grön - fakta om punkgruppen". www.punkmusik.nu. Consultado o 2019-11-10.
- ↑ "Ebba Grön - Antirock". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-10.
- ↑ "Ebba Grön på scen i natt". Aftonbladet (en sueco). Consultado o 2019-11-08.