Saltar ao contido

Don Caballero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Caballero
OrixePittsburgh, Pensilvania,
Período1991 – 1996
1997 – 2000
2003 – 2009
Xénero(s)math rock, post-rock, rock instrumental
Selo(s) discográfico(s)Touch and Go, Relapse
MembrosDamon Che
Gene Doyle
Jason Jouver
Antigos membrosMike Banfield
Pat Morris
Ian Williams
Eric Emm
Matt Jencik
Jeff Ellsworth
Na rede
http://shop.relapse.com/artist/artist.aspx?ArtistID=10165
Facebook: DonCaballero Twitter: DonCaballero MySpace: doncaballeropgh Bandcamp: doncaballero Musicbrainz: b93697af-a318-417a-b16e-a9eb47fbe2f8 Songkick: 72484 Discogs: 254549 Allmusic: mn0000796811 Editar o valor en Wikidata

Don Caballero foi unha banda estadounidense de post-rock procedente de Pittsburgh, Pensilvania. O grupo toma o seu nome da personaxe Guy Caballero, interpretada por Joe Flaherty, no programa de "sketches" canadense Second City Television.[1] Nunha parodia do programa á película O padriño, Guy Caballero é chamado "Don Caballero".[2]

Don Caballero (afectuosamente chamada "Don Cab" ou "The Don" polos seareiros) formouse no verán de 1991, editou cinco álbums a través de Touch and Go Records entre 1993 e 2000 e separouse en novembro dese ano. O batería Damon Che recrutou novos músicos para reformar Don Caballero en 2003, e con esa nova formación lanzou dous álbums polo selo Relapse Records.[3] Don Caballero entraría en hiato no ano 2009. A obra da banda é case toda instrumental e céntrase en Damon Che, que vén sendo o único membro permanente de Don Caballero.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A banda formouse en Pittsburgh, Pensilvania en 1991. A formación orixinal de Don Caballero consistía en Damon Che (batería), Mike Banfield (guitarra) e Pat Morris (baixo).[4] Os seus membros inicialmente pretendían recrutar un cantante para unirse ao grupo. Porén, os seus primeiros ensaios xeraron tal interese que ao trío ofrecéronlles concertos de pago e decidiron seguir como unha banda instrumental.[5] Ian Williams uniríase a eles no ano 1992 como segundo guitarrista.

O estilo enerxético e pouco convencional de Che na batería foi eloxiado con frecuencia, gañándose o alcume de "The Octopus" (o polbo) debido á forma salvaxe de axitar os brazos mentres tocaba.

A banda publicou dous sinxelos para os selos de Pittsburgh Pop Bus e Broken Giraffe, e outro para a etiqueta de Detroit Third Gear. Un contrato coa prestixiosa discográfica de Chicago Touch and Go Records levou á edición doutro sinxelo e finalmente á do seu álbum de estrea, For Respect, en 1993.

No outono de 1994 o baixista Pat Morris deixou Don Caballero para formar a banda Six Horse con Shannon Burns e Bill Baxter. Durante os anos 1994 e 1995 varios músicos da zona de Pittsburgh ocuparon o posto de baixista no grupo, entre os que se inclúen Len Jarabeck, Dave Reid, Matt Jencik e George Draguns.

No ano 1995 lanzaron o seu segundo álbum de estudio, Don Caballero 2. Tras a publicación deste disco, Che e Williams expandiron as súas respectivas paletas musicais: Che con Speaking Canaries (que contaba co baixista Karl Hendricks e o batería Noah Leger) e Williams con Storm & Stress, un trío de rock experimental co baixista Eric Emm e o batería Kevin Shea.

En 1997 o grupo volveu a reunirse tras un parón de case dous anos, desta vez co baixista orixinal Pat Morris de volta á banda. No seguinte ano editarían o seu terceiro álbum de estudio, What Burns Never Returns.

No outono de 1998 Pat Morris deixaría a banda novamente e foi substituñido polo baixista de Storm & Stress Eric Emm. Don Caballero realizou un feixe de exitosas xiras polos Estados Unidos e Europa, e finalmente publicou unha colección de sinxelos e cancións aparecidas en recompilatorios nun diso chamado Singles Breaking Up (Vol. 1). Durante este período Mike Banfield saíu do grupo sendo substituído pola antigo guitarrista de Bitch Magnet Fine briefly o que permitiu a Don Caballero completar as xiras de promoción de What Burns Never Returns.

A banda, novamente un trío e agora baseada en Chicago, xirou extensamente durante 1999 e 2000, tocando principalmente material novo. Para encher o oco deixado por Banfield, Williams e Emm tocaron con pedais Akai HeadRush que lles permitían facer loops e distintas capas nas súas partes.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo Observacións
For Respect 1993 Touch and Go Records
Don Caballero 2 1995 Touch and Go Records
What Burns Never Returns 1998 Touch and Go Records
Singles Breaking Up (Vol. 1) 1999 Touch and Go Records recompilatorio
American Don 2000 Touch and Go Records
World Class Listening Problem 2006 Relapse Records
Punkgasm 2008 Relapse Records
  1. Trouser Press (ed.). "Don Caballero". Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  2. "SCTV Network 90: The Godfather - TV.com". web.archive.org. 2009-02-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 2024-08-01. 
  3. Facebook (ed.). "Don Caballero - Información da páxina". Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  4. "Don Caballero". Joyful Noise Recordings. Consultado o 2024-08-01. [Ligazón morta]
  5. "Don Caballero Songs, Albums, Reviews, Bio & Mo...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-01.