Dixebra
Aparencia
Dixebra | |
---|---|
Orixe | Avilés, Asturias |
Período | 1987 - presente |
Xénero(s) | rock |
Selo(s) discográfico(s) | Discos L'Aguañaz |
Na rede | |
http://www.dixebra.com/ | |
Dixebra é un grupo de rock asturiano creado en 1987 en Avilés, baixo a idea de crear un grupo de rock que empregase a lingua asturiana e fixese unha música comprometida coa realidade social e a problemática de Asturies. Contaron con letras feitas por algúns dos escritores contemporáneos asturianos, en ocasións feitas especificamente para o grupo, entre os que destaca Xandru Fernández.
No ano 2007 participan no recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, cunha versión en asturiano do tema "Gaiteiro".
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Grieska (1990)
- ¿Asturies o trabayes? (1993)
- Apúntate a la llista (1995)
- Dieron en duru (1997)
- Glaya un país (2000)
- Sube la marea (2002)
- Cróniques d'un pueblu (2003)
- Ensin novedá (2005)
- N'acción (2006)
- Amor incendiariu (2009)
- XXV (1987–2012) (2012)