Diocese anglicana de Canterbury
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Catedral | Catedral de Canterbury | |||
Páxina web | canterburydiocese.org |
A diocese de Canterbury é unha diocese da Igrexa de Inglaterra (Comuñón Anglicana) que abarca o territorio oriental do condado de Kent, Inglaterra. Reclámase herdeira daquela fundada por Agostiño de Canterbury no 597, a arquidiocese de Canterbury, hoxe suprimida. Ten a súa sé na Catedral de Canterbury, e trátase da sé máis antiga da Igrexa de Inglaterra.
Bispos
[editar | editar a fonte]O bispo diocesano é o Arcebispo de Canterbury, a día de hoxe Justin Welby. Porén, por mor do seu papel como Metropolitano da provincia de Canterbury, Primado de Toda Inglaterra e cabeza da Comuñón Anglicana, o arcebispo (cuxa residencia está en Londres) está a miúdo afastado da diocese. É por isto que un dos seus bispos sufragáneos, o Bispo de Dover (hoxe Trevor Wilmott), ten a facultade de actuar no seu lugar.
Até 2009 existía outro bispo sufragáneo, o bispo de Maidstone, mais en novembro de 2010 decidiuse que non se farían máis nomeamentos para este cargo. Os outros dous sufragáneos cuxas sés están situadas na diocese (Ebbsfleet e Richborough) son en realidade visitadores episcopais provinciais cuxo ámbito de actuación e maior que o da diocese.
Lista de arcebispos anglicanos de Canterbury
[editar | editar a fonte]Dende a reforma inglesa do século XVI, logo do acordo relixioso isabelino e sen aprobación papal, os arcebispos de Canterbury anglicanos teñen sido os seguintes:
- Matthew Parker (17 de decembro de 1559 - 17 de maio de 1575)
- Edmund Grindal (29 de decembro de 1575 - 6 de xullo de 1583)
- John Whitgift (14 de agosto de 1583 - 29 de febreiro de 1604)
- Richard Bancroft (9 de outubro de 1604 - 2 de novembro de 1610)
- George Abbot (4 de marzo de 1611 - 4 de agosto de 1633)
- William Laud (6 de agosto de 1633 - 10 de xaneiro de 1645)
- William Juxon (2 de setembro de 1660 - 4 de xuño de 1663)
- Gilbert Sheldon (16 de xuño de 1663 - 9 de novembro de 1677)
- William Sancroft (27 de xaneiro de 1678 - 1 de febreiro de 1690)
- John Tillotson (31 de maio de 1691 - 22 de novembro de 1694)
- Thomas Tenison (6 de decembro de 1694 - 14 de decembro de 1715)
- William Wake (17 de decembro de 1715 - 24 de xaneiro de 1737)
- John Potter (9 de febreiro de 1737 - 10 de outubro de 1747)
- Thomas Herring (21 de outubro de 1747 - 13 de marzo de 1757)
- Matthew Hutton (29 de marzo de 1757 - 19 de marzo de 1758)
- Thomas Secker (8 de marzo de 1758 - 3 de agosto de 1768)
- Frederick Cornwallis (12 de agosto de 1768 - 19 de marzo de 1783)
- John Moore (31 de marzo de 1783 - 18 de xaneiro de 1805)
- Charles Manners-Sutton (1 de febreiro de 1805 - 21 de xullo de 1828)
- William Howley (6 de agosto de 1828 - 11 de febreiro de 1848)
- John Sumnerom (17 de febreiro de 1848 - 6 de setembro de 1862)
- Charles Longley (20 de outubro de 1862 - 28 de outubro de 1868)
- Archibald Tait (28 de novembro de 1868 - 1 de decembro de 1882)
- Edward Benson (13 de xaneiro de 1883 - 11 de outubro de 1896)
- Frederick Temple (9 de novembro de 1896 - 22 de decembro de 1902)
- Randall Davidson (14 de xaneiro de 1903 - 12 de novembro de 1928)
- Cosmo Gordon Lang (13 de novembro de 1928 - 31 de marzo de 1942)
- William Temple (1 de abril de 1942 - 26 de outubro de 1944)
- Geoffrey Fisher (12 de xaneiro de 1945 - 31 de maio de 1961)
- Michael Ramsey (1 de xuño de 1961 - 15 de novembro de 1974)
- Donald Coggan (18 de novembro de 1974 - 25 de xaneiro de 1980)
- Robert Runcie (1 de febreiro de 1980 - 31 de xaneiro de 1991)
- George Carey (19 de abril de 1991 - 31 de outubro de 2002)
- Rowan Williams (2 de decembro de 2002 - 31 de decembro de 2012)
- Justin Welby (4 de febreiro de 2013 - actualidade)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)