Corona Australis
Aparencia
Corona Australis | |
---|---|
Nome latino | Corona Austral |
Abreviatura | CrA |
Xenitivo | Coronae Australis / Coronae Austrinae |
Simboloxía | A Coroa Austral |
Ascensión recta | 19 h |
Declinación | −40° |
Área | 128 graos cadrados
Rango 80º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α CrA
(magnitude ap. 4.1) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +40° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto | |
Corona Australis ou Coroa Austral[1] é unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo no século II, e tamén unha das 88 constelacións modernas.
É unha constelación pequena característica dos ceos do sur que está practicamente integrada a Saxitario, bordeándoa polo norte e oeste. No leste e sur ten as constelacións de Scorpius e Telescopium respectivamente. Debaixo do arqueiro vese un pequeno semicírculo de estrelas de magnitude 4 e 5, a Coroa Austral.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Coronae Australis (Alfecca Meridiana), estrela branca de magnitude 4,10 é algo menos brillante que β Coronae Australis.
- β Coronae Australis, estrela amarelo-alaranxada de magnitude 4,10.
- γ Coronae Australis, estrela dobre de magnitude 4,23.
- ε Coronae Australis, con magnitude 4,83 é a binaria de contacto máis brillante do hemisferio sur.
- κ Coronae Australis, binaria óptica formada por dúas estrelas branco-azuladas.
- R Coronae Australis, estrela moi noviña do tipo Herbig Ae/Be que aínda non acadou a secuencia principal.
- RX J1856.5-3754, estrela de neutróns illada a uns 400-450 anos luz de distancia e posible candidata para ser unha estrela de quarks.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 6541. Cúmulo globular a 15.000 anos luz do Sol que, visto cun telescopio pequeno, presenta un pequeno disco nebuloso. AR: 01h 44m 06.0s Dec: +61°53'00" (Época 2000).
- NGC 6729. Parte dunha rexión nebular que contén estrelas variables como R CrA e TY CrA. AR: 19h 01m 54.0s Dec: -36°57'00" (Época 2000).
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Representa a coroa de loureiro que pertenceu a Quirón o centauro e algunhas veces é chamada Corona Sagittarii.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corona Australis |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre esta constelación (en castelán)
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Corona Australis (en inglés)
- Corona Australis photo - [1]
- Star Tales – Corona Australis (en inglés)