Concello de Arjeplog
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Norrbotten | ||||
Capital | Arjeplog (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.618 (2024) (0,18 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca linguas saamis | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.494,08 km² | ||||
Altitude | 427 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Arjeplog Municipality, Sweden (en) | Albert Lestander (en) (1999–2002) Bengt-Urban Fransson (2002–2009) Britta Flinkfeldt (en) (2009–2020) Isak Utsi (en) (2020–) | ||||
Páxina web | arjeplog.se | ||||
Arjeplog é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten,[1] no landskap de Lappland. A súa capital é Arjeplog. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 2 690 habitantes.[2]
No municipio atópanse varias montañas e a paisaxe tamén é rica en lagos. En Arjeplog está tamén o glaciar máis grande de Suecia. As industrias máis importantes son o turismo e as actividades de probas de inverno de automóbiles.
O municipio de Arjeplog é o que menos poboación ten no condado de Norrbotten e o concello perde habitantes. Os socialdemócratas foron o partido máis votado en todas as eleccións e sempre gobernaron no municipio, tanto en solitario como en coalición con outros partidos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio limita ao norte co concello de Jokkmokk, ao leste co de Arvidsjaur e ao sur co de Sorsele. Ao oeste limita cos municipios noruegueses de Fauske, Saltdal e Rana.
O concello de Arjeplog é o cuarto máis grande de Suecia en extensión, sendo un pouco máis grande que o landskap de Escania. Só os municipios de Kiruna, Gällivare e Jokkmokk son máis grandes.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]O núcleo urbano de Arjeplog está rodeado de auga e montañas. No centro do municipio atópase Öberget, con vistas sobre a localidade, e tamén sobre Renberget e Akkelis. O macizo de Sulitelma no noroeste do concello alberga o glacial máis grande de Suecia, o Sállajiegŋa, e o punto máis alto do municipio, o Stortoppen, a 1860 metros sobre o nivel do mar.
No concello de Arjeplogs hai 8 727 lagos e cursos de auga, sendo o municipio sueco máis rico en auga. Entre os cursos de auga atópanse os ríos Pite, Skellefte e Laisälven. O lago máis profundo de Suecia, o Hornavan, forma parte do sistema de lagos Skellefteälven. Un interesante lago con rica vida de aves é o Tjålmejaure. Toda a auga do sistema de lagos de Arjeplog é potable.
Flora
[editar | editar a fonte]A flora no concello de Arjeplog está formada principalmente por flora de montaña. Dentro do municipio hai varias plantas protexidas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-03.