Cliff Young
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1922 Beech Forest, Australia (en) |
Morte | 2 de novembro de 2003 (81 anos) Beech Forest, Australia (en) |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Campo de traballo | Agricultura |
Ocupación | atleta, labrego |
Deporte | atletismo |
Premios | |
| |
Albert Ernest Clifford "Cliff" Young, nado o 8 de febreiro de 1922 en Beech Forest, Victoria,[1] e finado o 2 de novembro de 2003,[2] foi un granxeiro australiano dedicado ao cultivo de pataca[2] amais dun atleta que acadou sona e recoñecemento a Ultra Maratón de Westfield Sydney a Melbourne á idade de 61 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o fillo máis vello de Mary e Albert Earnest Young. Criouse nunha granxa Beech Forest, ao suroeste de Victoria.[1] A granxa tiña aproximadamante 2000 acres e outras tantas ovellas.[3]
A finais de 1982, despois de adestrar arreo nos arredores de Otway Ranges, Young fixo o seu primeiro intento por bater a plusmarca mundial que ostentaba Siggy Baue para as 1000 millas (ao redor de 1600 quilómetros), que estaba en 11 días e 23 horas. O intento tivo lugar en Colac, pero Young tivo que abandonar a metade de camiño. Young, tras a derrota, escribiu que a apoio do seu equipo era moi básico e ineficaz.[1]
Ultra Maratón
[editar | editar a fonte]En 1983, con 61 anos, gañou a Ultra Maratón de Westfield Sydney a Melbourne (875 quilómetros). A carreira correuse entre os que daquela eran os meirandes centro comerciais de Australia: Westfield Parramatta, en Sydney, e Westfield Doncaster, en Melbourne.[4] Cliff cruzou a liña de meta vestido cunha funda de granxeiro e unhas botas de goma. Correu a paso lento e por tras dos líderes o máis do camiño; porén, ao evitar ter que durmir mentres os seus contrincantes si o facían, colleu vantaxe, chegando mesmo a gañar eventualmente por unha amplísima marxe sobre os seus seguidores.
Antes da carreira, Young afirmara perante os xornalistas que previamente xa correra durante entre dous e tres días seguidos tras das ovellas. Asegurou, así mesmo, que durante a carreira imaxinou que ía detrás do rabaño e escapando dunha tormenta.
Colleu gran sona logo deste fito ao estilo da fábula da lebre e a tartaruga "tortoise and hare", tantas que en Colac, Victoria, o Cliff Young Australian Six-Day Race foi creado aquel mesmo ano.
Marcas
[editar | editar a fonte]A carreira de Westfield levoulle 5 días, 15 horas e 4 minutos,[1] rebaixando en case dous días a plusmarca previa entre Sydney e Melbourne. Os seis competidores que finalizaron a carreira bateron esa marca.[4]
En 1997, con 75 anos, tratou de bater o récord de Ron Grant ao redor de Australia, e chegou a completar 6520 quilómetros dos 16000 que ten a carreira.[5] No 2000 conseguiu un récord mundial na carreira dos seis días de Victoria.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era vexetarino dende 1973. Vivía na casa coa nai e o seu irmán Sid. Tras a carreira, con 62 anos, Young casou con Mary Howell, 39 anos máis nova. O seu sponsor, Westfield correu cos gastos da voda.[4] Divorciáronse cinco anos máis tarde.[6] Pasou os último cinco anos de vida enfermo de cancro, e morreu ás 17:21 o domingo 2 de novembro de 2003[2], con 81 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Young, A.E.C. 1995, Cliffy's Book, High Country Publishing, Dargo. ISBN 064623241
- ↑ 2,0 2,1 2,2 End of the road for Cliff, The Sydney Morning Herald, 3 November 2003 (en inglés)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 The Age, "Running the Good Race" obituary, Michael McGirr, 8 Nov 2003
- ↑ Elite Feet, The Legend of Cliff Young: The 61 Year Old Farmer Who Won the World’s Toughest Race, December 30th, 2007
- ↑ 6,0 6,1 Louise Willis