Claude Nicolas Ledoux
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1736 Dormans, Francia |
Morte | 19 de novembro de 1806 (70 anos) París, Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | arquitecto, urbanista |
Empregador | École des Beaux-Arts (pt) |
Membro de | |
Profesores | Jacques-François Blondel |
Alumnos | Louis-Ambroise Dubut (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) The Art of The Countries and Peoples of The World. Tome 5 (en) , (sec:Франция, p.203-204) |
Claude Nicolas Ledoux, nado en Dormans o 21 de marzo de 1736 e finado en París o 18 de novembro de 1806, foi un dos primeiros representantes da Arquitectura neoclásica francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Usou os seus coñecementos arquitectónico non só para a arquitectura corrente senón para planificación urbana. Como consecuencia do seu plano visionario da Cidade Ideal de Chaux, tornouse famoso como un utópico. As súas maiores obras foron apoiadas pola monarquía francesa, sendo visto como un símbolo do Antigo Réxime antes que como un utópico. A Revolución francesa estorbou a súa carreira. Boa parte da súa obra foi destruída durante o século XIX.
En 1804 publicou unha colección dos seus proxectos so o título de "A Arquitectura considerada en relación á Arte, a Moral e a Lexislación" (L'Architecture considérée sous le rapport de l'art, des mœurs et de la législation). Neste libro tivo a oportunidade de revisar os seus primeiros deseños, volvéndoos máis rigorosamente neoclásicos e póndoos ao día. Esta revisión, porén, distorsionou a perspectiva do seu papel na evolución da Arquitectura neoclásica. A súa obra máis ambiciosa foron, sen dúbida as incompletadas, Salinas Reais de Arc-en-Senans, unha cidade ideal e visionaria mostrando moitos exemplos de arquitectura parlante. Por contra, outra parte das súas obras e encargos inclúen unha arquitectura máis mundana e cotiá como as cerca de sesenta elaboradas "portas de alfándegas" no Muro de Farmer General arredor de París.
Obras
[editar | editar a fonte]Construcións
[editar | editar a fonte]- Decoración do Café militar (ou Café Godeau), rue Saint-Honoré, París, 1762 (Musée Carnavalet, París)
- Château de Mauperthuis (Seine-et-Marne), 1763 (destruído)
- Hôtel do presidente Hocquart, 66 rue de la Chaussée d'Antin, París, 1764-1765 (destruído)
- Hôtel d'Hallwyll, 28 rue Michel-le-Comte e 15 rue de Montmorency, París, 1766: única edificación privada de Ledoux que perdura na capital francesa.
- Hôtel d'Uzès, rue Montmartre, París, 1767 (destruído sobre 1870): O medeirame do salón de compañía foi conservado no Museo Carnavalet desde 1968.
- Château de Bénouville, Bénouville, Calvados (preto de Caen), 1768-1769: Propiedade do Concello de Calvados; hoxe o edificio é a Cámara rexional de contas.
- Hôtel de la presidente de Gourgues, 53 rue Saint-Dominique, París (reconstruído)
- Mansión de Mademoiselle Guimard, chaussée d'Antin, París (destruída)
- Mansión de Mademoiselle Saint-Germain, rue Saint-Lazare, París, 1769-1770 (destruída)
- Pavillón Saint-Lambert, Eaubonne (destruído)
- Pavillon d'Attilly, Faubourg Poissonnière, París, 1771 (destruído)
- Pavillón de música de Madame du Barry, Louveciennes, 1770-1771
- Hôtel de Montmorency, intersección da rue de la chaussée d'Antin e o boulevard, París, 1772 (destruído) : A obra en madeira do salón circular está custodiado no Museum of Fine Arts de Boston, USA.
- Obras Reais nas Salinas de Arc-et-Senans (1774-1779) (clasificadas como monumentos históricos de Francia e como World Heritage Site da UNESCO en 1982)
- Teatro de Besançon, 1778-1784
- Hôtel Thélusson, rue de Provence, París, 1778 (destruído en 1826
- Hôtel de Madame d'Espinchal, rue des Petites-Écuries, París (destruído)
- Parque de Bourneville, La Ferté-Milon , no departamento de (Aisne)
- Almacén do sal de Compiègne, no departamento de (Oise)
- Sede da Ferme générale, rue du Bouloi, París
- Pavillóns e barreiras de Octroi de Paris, (1785).
Proxectos
[editar | editar a fonte]Algúns do seus proxectos "visionarios":
- Proxecto da Cidade de Chaux, arredor Salinas Reais de Arc-et-Senans, publicado en 1804:
- Proxecto para o cárcere e tribunais de Aix-en-Provence, 1785-1786
- Proxecto de Immeuble-loyer (inmoble de alugueiro), 1792