Cidade independente
Unha cidade independente é unha cidade que non forma parte doutra entidade gobernamental local.
As cidades indepedentes non deben confundirse con cidades-estados (como Singapur ou Mónaco), que son cidades soberanas fóra de calquera outra nación-estado.
América
[editar | editar a fonte]EUA
[editar | editar a fonte]Nos Estados Unidos, unha cidade independente é unha cidade que non forma parte de ningún condado. Xa que nos condados historicamente foron unha institución forte no goberno local na maioría dos Estados Unidos, as cidades independentes son cousa rara fóra de Virxinia, cuxa constitución estatal as fan un caso aparte. A Oficina do Censo usa os condados como a súa unidade base para a presentación de información estatística, e trata as cidades independentes como equivalentes de condados para estes fíns. As cidades independentes non deben confundirse coas cidades-condados consolidadas, como Denver (Colorado), a cidade e condado de San Francisco (California), ou Filadelfia (Pensilvania).
Canadá
[editar | editar a fonte]No Canadá, na provincia de Ontario, a mesma clase de cidade é chamada «concello de primeiro rango» ou «concello separado». No Quebec, chámanse «cidades separadas», xa que non son «concellos rexionais de condado». Cidades e vilas en Alberta non son parte de concellos rurais como condados. En Novo Brunswick, todo goberno de condado foi abolido no 1967; entón, todas as cidades e vilas nesta provincia poderían considerarse cidades independentes.
Asia
[editar | editar a fonte]China
[editar | editar a fonte]Hong Kong e Macau son dúas Rexións con Administración Especial (SAR) da China que teñen dereito a autonomía, excepto en actos de estado e defensa nacional.
Kirguizistán
[editar | editar a fonte]As cidades de Bixkek e Osh teñen o status de shaar (cidade independente).
Europa
[editar | editar a fonte]Austria
[editar | editar a fonte]En Austria, un concepto semellante é o de Statutarstadt.
Alemaña
[editar | editar a fonte]En Alemaña, diferentes estados teñen ou o «Stadkreis» («Condado urbano») ou o «Kreisfreie Stadt» (literalmente, «Cidade libre do estado»).
Exemplos de cidades independentes de Alemaña son:
Ademais, as cidades de Berlín e Hamburgo funcionan como estados federais, mentres que o Estado de Bremen componse só as cidades de Bremen e Bremerhaven (que foi fundada como o porto da cidade de Bremen).
Bosnia e Hercegovina
[editar | editar a fonte]En Bosnia e Hercegovina, a cidade de Brčko ten status de "distrito". É independente das entidades que constitúen o país (República Srpska e a Federación de Bosnia e Hercegovina).
Bulgaria
[editar | editar a fonte]En Bulgaria, a capital do país, Sofía, ten status de oblast (rexión).
Croacia
[editar | editar a fonte]A capital de Croacia, Zagreb, ten status de županija (condado).
España
[editar | editar a fonte]En España danse dous casos de cidades independentes, as cales se denominan "cidades autónomas". Teñen tanto as funcións de concello como a de comunidade autónoma. As dúas cidades autónomas que existen en España son Ceuta e Melilla, ambas situadas no norte de África.
Francia
[editar | editar a fonte]A cidade de París é á vez département e commune; é a única cidade francesa con este status.
Hungría
[editar | editar a fonte]En Hungría, 23 das cidades son «cidades con dereitos de condado»; estas cidades teñen os mesmos dereitos que os 19 condados de Hungría.
Irlanda
[editar | editar a fonte]En Irlanda, Cork, Dublín e Galway son cidades independentes.
Noruega
[editar | editar a fonte]En Noruega, Oslo é á vez concello (kommune) e condado (fylke).
Polonia
[editar | editar a fonte]En Polonia, a maioría das cidades grandes teñen o seu propio condado.
Ucraína
[editar | editar a fonte]Na Ucraína, as cidades de Kíiv e Sebastopol son parte das rexións do país.