Charles-Augustin de Coulomb
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1736 Angoulême, Francia |
Morte | 23 de agosto de 1806 (70 anos) París, Francia |
102º Presidente Academia francesa das ciencias | |
1801 – 1801 ← Claude Louis Berthollet – René Just Haüy → | |
Datos persoais | |
Educación | Collège des Quatre-Nations École royale du génie de Mézières (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Electromagnetismo e mecânica dos solos (pt) |
Lugar de traballo | Martinica París |
Ocupación | físico, enxeñeiro militar, militar, oficial, enxeñeiro, soldado |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | soldado |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Charles-Augustin de Coulomb, nado na Angoulême o 14 de xuño de 1736, finado en París o 23 de agosto de 1806, foi un físico e enxeñeiro militar francés. É recoñecido por ter descrito de xeito matemático a lei de atracción entre cargas eléctricas. Na súa honra a unidade de carga eléctrica leva o nome de coulomb (C).
Entre outras teorías e estudos débeselle tamén a teoría da torsión recta e unha análise do fallo do terreo dentro da mecánica de solos.
Foi o primeiro científico en establecer as leis cuantitativas da electrostática, ademais de realizar moitas investigacións sobre: magnetismo, rozamento e electricidade. As súas investigacións científicas están recollidas en sete memorias, nas que expón teoricamente os fundamentos do magnetismo e da electrostática. En 1777 inventou a balanza de torsión para medir a forza de atracción ou repulsión que exercen entre si dúas cargas eléctricas, e estableceu a función que liga esta forza coa distancia. Con este invento, culminado en 1785, Coulomb puido establecer o principio que rexe a interacción entre as cargas eléctricas, actualmente coñecido como lei de Coulomb: . Coulomb tamén estudou a electrización por frotamento e a polarización, e introduciu o concepto de momento magnético. O culombio ou coulomb (símbolo C), é a unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para a medida da magnitude física cantidade de electricidade (carga eléctrica).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi educado na École du Génie en Mézieres e graduouse en 1761 como enxeñeiro militar co grao de Primeiro Tenente. Coulomb serviu nas Indias Occidentais durante nove anos, onde supervisou a construción de fortificacións na Martinica. En 1774, Coulomb converteuse nun correspondente da Academia de Ciencias de París. Compartiu o primeiro premio da Academia polo seu artigo sobre os compases magnéticos e recibiu tamén o primeiro premio polo seu traballo clásico acerca da fricción, un estudo que non foi superado durante 150 anos.
Durante os seguintes 25 anos, presentou 25 artigos na Academia sobre electricidade, magnetismo, torsión e aplicacións da balanza de torsión, así como varios centos de informes sobre enxeñería e proxectos civís. Coulomb aproveitou plenamente os diferentes postos que tivo durante a súa vida. Por exemplo, a súa experiencia como enxeñeiro levouno a investigar a resistencia de materiais e a determinar as forzas que afectan a obxectos sobre vigas, contribuíndo dese xeito ao eido da mecánica estrutural. Outra achega de Coulomb é a chamada Teoría de Coulomb para presión de terras, publicada en 1776, a cal enfoca o problema de pulos de terras sobre muros considerando as cuñas de falla, nas que actúa o muro, ademais de ter en conta o ángulo de inclinación do muro e do solo sobre o muro de contención. Tamén fixo contribucións no campo da ergonomía.
Coulomb morreu en 1806, cinco anos despois de converterse en presidente do Instituto de Francia (antigamente a Academia de Ciencias de París). A súa investigación sobre a electricidade e o magnetismo permitiu que esta área da física saíra da filosofía natural tradicional e se convertera nunha ciencia exacta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ingeniería de cimentaciones. Ralph Peck. 2007. Limusa. ISBN 978-968-18-1414-2
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Charles-Augustin de Coulomb |