Cesáreo Onzari
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1903 Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de xaneiro de 1964 (60 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1921 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cesáreo Onzari, nado o 1 de febreiro de 1903 en Buenos Aires e finado o 7 de xaneiro de 1964 na mesma cidade, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar profesionalmente no Sportivo Boedo e no Club General Mitre. No ano 1921 debutou no Club Atlético Huracán, onde transcorrería case a totalidade da súa carreira futbolística ata a súa retirada en 1933.
Coa Selección de fútbol da Arxentina disputou 14 encontros e marcou 5 goles.
Pese a que nunca pertenceu a Boca Juniors formou parte da xira europea do club bonaerense de 1925 e polo que foi nomeado Campión de honra do Campionato Arxentino a pesar de que numericamente quedara moi por detrás do vencedor.
O 2 de outubro de 1924 pasou á historia por marcar o primeiro gol de lanzamento directo dende o banderín de corner sen tocar en ningún xogador do que se ten constancia [1]. Sucedeu nun encontro amigábel entre a Selección de fútbol da Arxentina e a de Uruguai vixente campión olímpico, de aí que este tipo de goles reciban o nome de gol olímpico. O gol foi válido grazas a un cambio no regulamento realizado ese mesmo ano, pois ata entón os saques dende o corner estaban regulados como lanzamentos indirectos, e polo tanto para ser legal debían tocar nalgún xogador.
Participación na Copa América
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Resultado |
---|---|---|
1924 | Uruguai | Subcampión |
1925 | Arxentina | Campión |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa América | Selección de fútbol da Arxentina | Arxentina | 1925 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://edant.clarin.com/diario/2004/10/02/deportes/d-07101.htm Arquivado 07 de outubro de 2012 en Wayback Machine. O gol oímpico cumple 80 anos (02/10/2004)