Catulo
Nome orixinal | (la) Gaius Valerius Catullus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 84 a. C. Verona, Italia |
Morte | c. 54 a. C. (29/30 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Latin poetry (en) |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | poeta, escritor |
Período de tempo | República Romana Tardía |
Xénero artístico | Latin poetry (en) |
Familia | |
Familia | Valerii Catulli (en) |
Parella | Clodia |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Caio Valerio Catulo,[1] nado en Verona ou en Sirmio no 87 a.C. ou 84 a.C e finado en Roma no 54 a.C., foi un poeta latino, máis coñecido como Catulo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sábese pouco sobre a vida de Catulo. Tanto Suetonio (Vida dos doce césares) como Ovidio (Amores III.XV) sinalan a cidade de Verona como a súa patria natal, aínda que viviría case sempre en Roma. Procedía dunha familia da orde ecuestre.
Os amigos de Catulo eran, entre outros, os poetas C. Licinio Macer e Marco Furio Bibáculo e C. Helvio Cinna, o orador Q. Hortensio (rival de Cicerón) e o biógrafo Cornelio Nepote, a quen Catulo dedicou un libro de poemas.
No ano 61 a.C Catulo marchou para Roma, onde se namorou da "Lesbia" dos seus poemas, que polo xeral se cre que era Clodia Metelo, irmá do infame Publio Clodio Púlquer. Esta rebiricocada muller, 10 anos máis vella que Catulo, pertencía á aristocrática familia Claudia. O asunto finou cando Clodia preferiu a Celio Rufo, que era membro do círculo social de Catulo e socio de Cicerón.
No 57 a.C. acompañou o seu amigo Gaio Memmio para Bitinia, onde este servía como propretor. Catulo traballou na camarilla do gobernador de Bitinia, único oficio político que se lle coñece. Desde aí Catulo viaxou a Tróade para recoller ritos para a tumba de seu irmán, acontecemento que lembra nun axitado poema. Regresaría a Roma, onde permanecería os poucos anos restantes da súa vida. Aínda que nos seus poemas se queixa de pobreza, a verdade é que posuía unha villa preto de Tibur (a moderna Tivoli).
Non é moi seguro cando morreu. Algunhas fontes indican que morreu de esgotamento á idade de 30 anos. Xerome de Estridón di que nacera no 87 a.C e que viviu trinta anos, mais algúns poemas aluden a sucesos do 55 a.C., mais en ningún hai algo datábel no 54 a.C; porén, os estudosos tradicionalmente datan a súa vida entre o 84 a.C e o 54 a.C.
Obra
[editar | editar a fonte]Catulo lígase a un círculo de poetas de ideais estéticos comúns, aos que Cicerón chama poetas novos (modernos), termo para el cargado de sentido pexorativo. Ese grupo de poetas cortaba co pasado literario romano (mitolóxico), pasando, entre outras características, a utilizar unha temática considerada “menor” polos seus críticos.
Acrecéntase ás características da poesía de Catulo, a linguaxe coloquial (p.ex. Ineptire, no canto VIII), a simulación frecuente de improvisación na sintaxe (frases interrompidas por oracións paratéticas, repetición de palabras e expresións, movemento circular da elocucións), versos lixeiros e a simulación do accesso aos recantos máis íntimos do ser humano.
A súa obra perpetuouse a través dos séculos que seguiran, foi exemplo para grandes nomes que viñeron despois, como Propercio e Tibulo. Tamén foi moi lido por poetas como T. S. Eliot e Charles Baudelaire.
Edicións
[editar | editar a fonte]As súas poesías (116 poemas, so o título de Carmina), perdidas longo tempo, foron recuperadas no século XIV. Entre as numerosas edicións que desde entón se fixeran cabe destacar:
- a de Isaac Vossius, Londres, 1684, in-4, enriquecida con comentarios
- a de Friedrich Wilhelm Döring, Leipzig, 2 vol. in-8, 1788-1792
- a de Jospeh Naudet, na "Bibliothèque littéraire" de Lemaire.
- a de Guy Lee, The Poems of Catullus, editada cunha introdución, tradución e comentarios, Oxford. Oxford University Press. 1991 - ISBN 0-19-282850-9
“ | Pregúntasme cantos beixos |
” |
— Catulo, en tradución de X. M. Otero Fernández. |
En galego
[editar | editar a fonte]- CATULO, Poemas (texto latino e trad. galega de Xosé Manuel Otero Fernández). Santiago de Compostela. Clásicos en Galego 1. 1988.
É posíbel tamén consultar poemas soltos en Aurora López e Andrés Pociña, Escolma de textos eróticos latinos.
En portugués
[editar | editar a fonte]- CATULO, C.Valério - Poesías (texto latino e vers.portuguesa de Ema Barcelos). Porto. Porto Editora.1975.
- CATULO, Caio Valério – O Cancioneiro de Lésbia [trad. e introd. Paulo Sérgio de Vasconcellos]. Editora Hucitec: São Paulo, 1991.
- CATULO, Caio Valério – O Livro de Catulo [trad, introd. e notas de João Ângelo Oliva Neto]. Edusp: São Paulo, 1996.
En castelán
[editar | editar a fonte]- CATULO, G. Valerio - Poesías (texto revisado e trad. de Miguel Dolç). Madrid. CSIC. 1990 - ISBN 84-00-02759-0
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catulo, Caio Valerio". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 466.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Catulo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Catulo". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2022.