Catalunya Sí que es Pot
Catalunya Sí que es Pot | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Lluís Rabell |
Historia | |
Fundación | 15 de xullo de 2015 |
Disolución | 28 de outubro de 2017 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Xustiza social, dereito a decidir, ecoloxismo, socialismo |
Representación | |
Deputados no Parlamento de Cataluña | 11 / 135 |
Outros datos | |
Na rede | |
catalunyasiqueespot.cat | |
Catalunya Sí que es Pot (CSQP, en galego: Cataluña Sí que se Pode) foi unha coalición de esquerdas integrada por Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Podem e Equo.[1] Formouse en xullo de 2015 a imaxe da fórmula de Barcelona en Comú para a cidade de Barcelona, co obxectivo de presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015.
A coalición conseguiu 11 deputados no Parlamento de Cataluña, dos que 4 son militantes de Iniciativa, 4 de Podem, 1 d'Esquerra Unida e 2 independentes.
O seu cabeza de lista por Barcelona foi Lluís Rabell, presidente d_ Federación de Asociacións de Veciños de Barcelona, e a escritora Gemma Lienas como número dous. Os seguintes postos foron ocupados por Joan Coscubiela (ICV), Àngels Martínez Castells (Podem) e Albano Dante Fachin (Podem). Nas outras provincias, Girona foi encabezada por Marc Vidal (ICV), Lleida por Sara Vilà (ICV) e Tarragona por Gerard Bargalló (Podem).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ara, ed. (16/7/2015). "Procés Constituent asegura que non hai un "acordo pechado" para unha alianza de esquerdas con Podem, ICV e EUiA". Consultado o 19 de xullo de 2015.