Castlevania: Nocturne
Castlevania | |
---|---|
Formato | Drama Terror Fantasía Acción Aventuras |
Creado por | Clive Bradley |
Desenvolvido por |
|
Dirixido por | Sam Deats Adam Deats |
Intérpretes |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Fred Seibert Kevin Kolde Clive Bradley Adi Shankar |
Duración | 24–31 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 28 de setembro de 2023 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Castlevania: Nocturne é unha serie estadounidense de animación creada e escrita por Clive Bradley e producida por Kevin Kolde para Netflix. É un spin-off da serie de animación Castlevania, e baséase na serie de videoxogos xaponeses homónimos de Konami. É unha adaptación vaga de Castlevania: Rondo of Blood (1993) e a súa secuela Symphony of the Night (1997), así como elementos da historia de Harmony of Dissonance (2002).
A primeira tempada, composta por oito episodios, estreouse o 28 de setembro de 2023 e recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica. En outubro de 2023, a serie foi renovada por unha segunda tempada.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientada en 1792 durante a Revolución Francesa, principalmente na comuna francesa de Machecoul, a serie segue ao mozo cazador de vampiros Richter Belmont e a súa irmá adoptiva Maria Renard mentres fan novos aliados e intentan evitar o ascenso apocalíptico dun mesías vampiro divino.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McWhertor, Michael (10 de xuño de 2023). "Castlevania returns to Netflix with new animated series, Nocturne". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2022. Consultado o 21 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Castlevania, serie de televisión de 2017.