Saltar ao contido

Castelo de Durham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCastelo de Durham
(en) Durham Castle Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
Tipocastelo
casa museo
museu universitário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deCatedral e Castelo de Durham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCity of Durham, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPalace Green, Durham, DH1 3RW Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°46′30″N 1°34′32″O / 54.7749, -1.5756
Composto por
Características
Superficie8,79 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1986 (10ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2008 Editar o valor en Wikidata
Identificador370
Monumento clasificado como grao I
Data6 de maio de 1952
Identificador1121383
Historia
Data de creación ou fundación1072 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2008 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata
Actividade
Instalaciónsbanheiro acessível (pt) Editar o valor en Wikidata

Páxina webdur.ac.uk… Editar o valor en Wikidata
Facebook: durham.castle.museum Editar o valor en Wikidata
Vista do castelo coa catedral ao fondo.

Durham Castle é un castelo normando na cidade de Durham, no norte de Inglaterra, que desde 1840 está ocupado polo University College da Universidade de Durham. O castelo érguese sobre o Río Wear na península de Durham, xusto enfronte da Catedral de Durham.

O castelo foi orixinalmente construído no século XI como sinal de poder dos reis normandos no norte de Inglaterra, xa que os pobos do norte seguían sendo salvaxes e rebeldes, pouco despois da chegada invasión normanda de Inglaterra de 1066. É un exemplo perfecto do tipo de castelos denominados mota and bailey, que se elevan sobre un promontorio natural facilmente defendible. O ocupante do bispado de Durham era designado polo Rei coa misión de executar a autoridade real no seu nome, e o castelo era o seu lugar de residencia.

Vista traseira do Castelo de Durham.

Esta situación, na que o castelo era a sede episcopal, mantívose até que o bispado se trasladou a Bishop Auckland, e o castelo foi ocupado pola Residencia da Universidade de Durham.

O castelo posúe un amplo salón principal, creado polo bispo Antony Bek a comezos do século XIV. Era a sala máis ampla de Gran Bretaña até que o bispo Richard Foxe a acurtou a finais do século XV. Pese a esta reforma, ten 14 metros de alto e 30 de largo.

University College

[editar | editar a fonte]

En 1837, o castelo foi doado á recente creada Universidade de Durham polo bispo Edward Maltby, como residencia para estudantes. Foi denominado "University College". O arquitecto Anthony Salvin reconstruíu a torre da homenaxe, e a residencia inaugurouse en 1840. Actualmente o castelo alberga 100 estudantes, a maioría dos cales viven na torre.

Entrada ao castelo.

O salón principal do castelo utilízase actualmente como comedor para estudantes e traballadores. A cripta baixo o salón, pola súa parte, serve como sala de reunión. As dúas capelas do castelo aínda están en uso, tanto para servizos relixiosos como para representacións teatrais. O castelo tamén dispón dunha biblioteca, oficinas universitarias e servizos de informática. Durante as vacacións, o castelo está dispoñible para organizar conferencias académicas e como hotel. O acceso ao castelo está limitado a visitas guiadas, dirixidas polos propios estudantes. Fóra destas visitas, só os residentes ou os hóspedes poden visitar o castelo.