Saltar ao contido

Carmelo Carmet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmelo Carmet
Nome orixinal(es) Carmelo Félix Camet Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1904 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista , avogado Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima
rapieira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor en Wikidata

Carmelo Félix Camet, nado o 29 de outubro de 1904 e finado o 22 de xullo de 2007, foi un tirador de esgrima arxentino, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do tirador Francisco Carmelo Camet, que competira nos Xogos Olímpicos de 1900, comezou a practicar esgrima de neno guiado por seu pai. Estudante de dereito, en 1922 representou a Arxentina nas denominadas Olimpiadas Latinoamericanas, celebradas con motivo do centenario da declaración da independencia do Brasil, e a Arxentina foi a primeira en espada, florete e sabre. En 1926 gañou o campionato arxentino, e estivera a piques de ir ás Olimpiadas de 1924 pero si fixo parte da delegación arxentina nos Xogos Olímpicos de 1928, como suplente no equipo de florete composto por Roberto Larraz, Luis Lucchetti, Raúl Anganuzzi e Héctor Lucchetti. Non participou nas dúas primeiras roldas, pero substituíu a Héctor Lucchetti no enfrontamento con Bélxica e en todos os seguintes. O equipo gañou a medalla de bronce.