Caprimulgus
Caprimulgus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caprimulgus europaeus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Caprimulgus europaeus Linnaeus, 1758.[1] | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Caprimulgus é un xénero de aves da orde dos caprimulxiformes e familia dos caprimúlxidos coñecidos comunmente como noiteboas ou avenoiteiras.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero fou descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Caprimulgus deriva da falsa crenza de que chuchan o leite das cabras; o nome latino do xénero provén da combinación das palabras capra (cabra) e mulgere (muxir).[4]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Macrodipteryx Swainson, 1837
- Macrodypteryx Bonaparte, 1849
- Rossornis Mathews, 1918
- Semeiophorus Gould, 1838
- Semiophorus Agassiz, 1835
Especies
[editar | editar a fonte]Recentemente o Comité Internacional de Ornitoloxía incorporou neste xénero as dúas especies do antigo xénero Macrodipteryx.[5]
Recoñécense no xénero as seguientes:[5]
- Caprimulgus aegyptius Lichnt, 1823
- Caprimulgus affinis Horsfield, 1821
- Caprimulgus andamanicus Hume, 1873
- Caprimulgus asiaticus Latham, 1790
- Caprimulgus atripennis Jerdon, 1845
- Caprimulgus batesi Sharpe, 1906
- Caprimulgus celebensis Ogilvie-Grant, 1894
- Caprimulgus centralasicus Vaurie, 1960
- Caprimulgus clarus Reichenow, 1892
- Caprimulgus climacurus Vieillot, 1824
- Caprimulgus concretus Bonaparte, 1850
- Caprimulgus donaldsoni Sharpe, 1895
- Caprimulgus europaeus Linneo, 1758
- Caprimulgus eximius Temminck, 1826
- Caprimulgus fossii Hartlaub, 1857
- Caprimulgus fraenatus Salvadori, 1884
- Caprimulgus indicus Latham, 1790
- Caprimulgus inornatus Heuglin, 1869
- Caprimulgus jotaka Temminck e Schlegel, 1845
- Caprimulgus macrurus Horsfield, 1821
- Caprimulgus madagascariensis Sganzin, 1840
- Caprimulgus mahrattensis Sykes, 1832
- Caprimulgus manillensis Walden, 1875
- Caprimulgus meesi Sangster e Rozendaal, 2004
- Caprimulgus natalensis Smith, 1845
- Caprimulgus nigriscapularis Reichenow, 1893
- Caprimulgus nubicus Lichtenstein, 1823
- Caprimulgus pectoralis Cuvier, 1816
- Caprimulgus phalaena Hartlaub e Finsch, 1872
- Caprimulgus poliocephalus Ruppell, 1840
- Caprimulgus prigoginei Louette, 1990
- Caprimulgus pulchellus Salvadori, 1879
- Caprimulgus ruficollis Temminck, 1820
- Caprimulgus rufigena Smith, 1845
- Caprimulgus ruwenzorii Ogilvie-Grant, 1909
- Caprimulgus solala Safford, Ash, Duckworth, Telfer e Zewdie, 1995
- Caprimulgus stellatus Blundell e Lovat, 1899
- Caprimulgus tristigma Ruppell, 1840
- Caprimulgus longipennis Shaw, 1796
- Caprimulgus vexillarius (Gould, 1838),
Distribución e características
[editar | editar a fonte]As súas especies encóntranse distribuídas por Eurasia, África e Oceanía.[5] Son aves de hábitos nocturnos, de mediano tamaño, con ás longas e rematadas en punta, patas curtas e pico moi curto e ancho, que adoitan aniñar no chan. Son activas pola tarde e a noite. Aliméntanse de bolboretas nocturnas e outros insectos voadores grandes. A súa plumaxe está coloreada para camuflarse entre as plantas e ocultarse durante o día. Adoitan ter unha crista de plumas na caluga que poden despregar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zoonomen Nomenclatural data (2015) Alan P. Peterson. Caprimulgiformes. Consutado o 29 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Caprimulgus Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 1 de xaneiro de 2023.
- ↑ Caprimulgus Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 1 de xaneiro de 2023.
- ↑ Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 90.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Frogmouths, Oilbird, potoos, nightjars". World Bird List Versión 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 29 de decembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caprimulgus |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caprimulgus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Josep del Hoyo & Nigel J. Collar (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.