Caldo de castañas
Caldo de castañas | |
Tipo | Sopa |
Ingredientes | |
Animal | Unto |
Vexetal | Castaña Allo |
O caldo de castañas (tamén chamado caldo de maias, sopa de castañas ou calduda[1]) é un caldo típico da cociña galega elaborado con castañas fervidas nunha especie de potaxe. É unha preparación culinaria moi habitual nas zonas montañosas do interior de Galiza.[2] É un prato moi típico dos días fríos de inverno.
Características
[editar | editar a fonte]As castañas pélanse e cócense con allo, a seguir adóitase elaborar un rustrido con abundante cebola, pemento en po e un pouco vinagre. Non leva nin verzas, nin feixóns.[3] Menciónase que este prato se adoita preparar nos días de neve cando resulta difícil saír na procura de verzas e se pode arranxar coas castañas almacenadas do outono. Ás veces acompáñase o caldo con carne de porco fría.
Algunhas variantes levan, ademais, fabas, patacas e unto[4].
Variantes
[editar | editar a fonte]Nalgunhas zonas de Francia e Galiza adóitanse preparar os caldos de castañas, ou tamén acompañadas de leite (Castañas con leite).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xosé María Gómez Clemente, Pedro Benavente Jareño, (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega, Editorial Galaxia, px. 161.
- ↑ Álvaro Cunqueiro, (2004): La cocina gallega, Ed. Galaxia, ISBN 84-8288-706-8, px. 28.
- ↑ Eladio Rodríguez González, (1967): Diccionario enciclopédico gallego-castellano.
- ↑ Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27.