Saltar ao contido

Busby Berkeley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBusby Berkeley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDesert Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, director teatral, actor, coreógrafo, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1901 Editar o valor en Wikidata - 1971 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMerna Kennedy (1934–1935)
Esther Muir (1929–1931) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0000923 Allocine: 21951 Rottentomatoes: celebrity/busby_berkeley Allmovie: p81568 TCM: 14670 IBDB: 14168
BNE: XX1363874 Musicbrainz: 9a877662-cf38-4037-9c90-76ceadb4fe4e Discogs: 2730375 WikiTree: Enos-687 Find a Grave: 1326 Editar o valor en Wikidata

Busby Berkeley William Enos, nado nos Ánxeles (California) o 29 de novembro de 1895 e finado en Palm Desert, no mesmo estado, o 14 de maio de 1976 foi un director de cinema e coreógrafo estadounidense, famoso polos seus elaborados números musicais que incluían complexas figuras xeométricas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Berkeley era fillo da actriz teatral Gertrude Berkeley. Entre os amigos da súa nai estaban a actriz Amy Busby e o actor William Gillette, que deron o seu nome ao seu afillado, Busby Berkeley William Enos.[1] Ademais de no teatro, Gertrud traballou no cinema mudo cando Berkeley era un neno. Berkeley debutou no teatro con cinco anos na compañía familiar.

Durante a segunda guerra mundial, Berkeley serviu como tenente de artillaría. Na década de 1920 traballou como director de danza para case dúas ducias de musicais de Broadway, con éxitos como A Connecticut Yankee. Como coreógrafo interesáballe máis a posibilidade de realizar coas coristas figuras xeométricas.

Os seus primeiros traballos foron nos musicais de Eddie Cantor para Samuel Goldwyn, onde comezou a desenvolver técnicas como o “desfile de caras” (individualizando cada corista con primeiros planos), e movendo as súas bailarinas polo escenario con figuras caleidoscópicas. Tivo bastante grao de independencia na dirección dos números musicais, distinguíndoos claramente das partes narrativas dos filmes. A súa popularidade entre o público aumentou durante a Gran Depresión cando coreografou catro musicais para Warner Bros.: 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933 e Fashions of 1934. Os números foron en ocasións criticados pola explotación da figura feminina e polo seu retrato do colectivismo.

En setembro de 1935 foi o condutor responsable dun accidente automobilístico no que morreron dúas persoas e outras cinco foron feridas de gravidade, entre elas o propio Berkeley. [2] Berkeley, levado ao xuízo nunha padiola,[3] escoitou as testemuñas que falaban do choque e de certo olor a licor. Tras dous xuízos por homicidio en segundo grao nos que o xurado chegou a un punto morto, no terceiro xuízo foi absolto.

En 1939 pasou á dirección de filmes con Fixéronme un criminal, filme de John Garfield. Tras algúns problemas na Metro-Goldwyn-Mayer[4] pasou a 20th Century-Fox en 1943, con The Gang's All Here, co número "Lady in the Tutti-Frutti Hat", de Carmen Miranda. A súa última coreografía foi para o filme de MGM Billy Rose's Jumbo (1962).

A finais da década de 1960 o gusto polo “camp” devolveu os musicais de Berkeley á primeira liña, e entrou entón no circuíto universitario de conferencias. Ao cumprir setenta e cinco anos volveu a Broadway e dirixiu unha nova versión de No No Nanette.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Spivak, Jeffrey, Buzz, The Life and Art of Busby Berkeley (University Press of Kentucky, 2010), pp. 6-7.
  2. People, 30 de setembro de 1935 Arquivado 13 de agosto de 2013 en Wayback Machine., de Time
  3. Choreographer and film director Busby Berkeley being carried into his manslaughter trial on a stretcher Arquivado 15 de xullo de 2012 en Archive.is, fotografía de Los Angeles Times na páxina da biblioteca da UCLA.
  4. Hugh Fordin, The World of Entertainment: The Freed Unit at MGM, 1975

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]