Bronisław Bernacki
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1944 Murafa, Ucraína |
Morte | 12 de novembro de 2024 (80 anos) Vinnytsia, Ucraína |
Lugar de sepultura | Murafa |
1º Bispo diocesano | |
4 de maio de 2002 – 18 de febreiro de 2020 – Stanislav Shyrokoradiuk → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Seminario Teológico Católico de Riga |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2002–2024), sacerdote católico (1972–2024) |
Consagración | Marian Jaworski |
Premios | |
Bronisław Biernacki (en polaco; en ucraíno: Броніслав Бернацький, "Bronislav Bernatskyi"), nado en Murafa (R.S.S. de Ucraína) o 30 de setembro de 1944 e finado en Vinnytsia o 12 de novembro de 2024,[1] foi un eclesiástico católico latino, dende 2002 ata 2020 bispo de Odesa-Simferopol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ordenado sacerdote o 28 de maio de 1972 en Riga polo cardeal Julijans Vaivods, e posteriormente exerceu como párroco en Bar.
O 4 de maio de 2002 foi nomeado bispo da nova diocese de Odesa-Simferopol. Recibiu a consagración episcopal o 4 de xullo de 2002 de mans do cardeal Jaworski, e tivo como co-consagrantes ao bispo emérito de Kamianets-Podilskyi Jan Olszański e ao nuncio Nikola Eterović.[2]
O 1 de decembro de 2018 foi elixido presidente da Conferencia dos Bispos Católicos Latinos de Ucraína.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Помер єпископ Броніслав Бернацький" (en ucraíno).
- ↑ "Biskup Diecezjalny Bronisław Bernacki". Katedra pw Wniebowzięcie Najświętszej Maryi Panny - Rzymsko-Katolickiego Kościoła Odesa (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018.
4 maja 2002 mianowany biskupem – ordynariuszem nowo powstałej diecezji Odesko-Symferopolskiej. Przyjął sakrę biskupią z rąk kardynała Mariana Jaworskiego dnia 4 lipca 2002 roku. Współkonsekratorami byli bp Jan Olszański i ówczesny nuncjusz apostolski na Ukrainie abp Nikola Eterović.
- ↑ "Bishop Bronislav becomes new Chairman of the Conference of Roman-Catholic Bishops in Ukraine". Religious Information Service of Ukraine. 2 de decembro de 2018. Consultado o 21/12/2018.