Bonnie Prince Charlie
Nome orixinal | (en) Charles Edward Stuart |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de decembro de 1720 Palazzo Muti, Italia |
Morte | 31 de xaneiro de 1788 (67 anos) Palazzo Muti, Italia |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
Pretendente xacobita | |
1 de xaneiro de 1766 – 31 de xaneiro de 1788 | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Xacobitismo |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | pretendente, líder militar |
Partido político | xacobitas |
Carreira militar | |
Conflito | Levantamento xacobita de 1745 Batalla de Prestonpans |
Familia | |
Familia | Casa de Estuardo |
Cónxuxe | Louise de Stolberg-Gedern (1772–1780), separación de feito |
Parella | Clementina Walkinshaw Marie Louise de La Tour d'Auvergne |
Fillos | Charlotte Stuart, Duquesa de Albany () Clementina Walkinshaw |
Pais | Xacobe Francisco Eduardo Estuardo e Príncesa de Gales, María Clementina |
Irmáns | Henrique Bieito Estuardo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Charles Edward |
Charles Edward Stuart, nado en Roma o 31 de decembro de 1720 e finado na Cidade do Vaticano o 31 de xaneiro de 1788 foi un rexente xacobino exiliado dos tronos británico e irlandés. Era máis coñecido polo seu alcume de Bonnie Prince Charlie en inglés e en lingua scots; Teàrlach Eideard Stiùbhairt en gaélico escocés e Séarlas Éadbhard Stiúbhart en irlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era James Francis Edward Stuart, fillo de Xacobe II e VII, que foron derrocados na Revolución Gloriosa en 1688 .
Animado polos xacobitas, dirixiu o levantamento de 1745. Acompañado de moitos clans das Highlands, conquistou Escocia e o norte de Inglaterra. Non obstante, cando estaba a piques de tomar Londres, tivo que regresar a Escocia e dirixir un exército dirixido polo fillo de Xurxo II para gañar e fuxir da batalla de Culloden.
Acompañado de Flora MacDonald [1] marchou de Skye a Francia [2] Totalmente perdido na política, refuxiouse no alcohol[3]. Tivo unha única filla: Charlotte Stuart. Ao morrer sen fillos varóns, a casa de Estuardo rematou con el. A súa lenda perdurou en Escocia coa canción The Skye Boat Song e Mo Ghile Mear en Irlanda, que narra a súa fuxida á illa de Skye coa axuda de Flora MacDonald.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Bonnie Prince Charlie apareceu en varias películas e series de TV:
- Bonnie Prince Charlie, filme de 1923 protagonizado por Ivor Novello.
- Bonnie Prince Charlie de 1948, protagonizada por David Niven.
- En 1964, Peter Watkins fixo a película Culloden.
- A película de 1994 Chasing the Deer de Dominique Carrara.
- É un personaxe na serie Oultander.
Tamén apareceu na literatura:
- Sir Walter Scott escribiu sobre el na novela Waverley.
- Aparece nas novelas urbanas da serie Outlander escrita por Diana Gabaldon, nas que se basea a serie do mesmo nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Charles Edward Stewart: The Young Pretender
- ↑ Queen Anne and the 1707 Act of Union ALBA - The Escape of the Young Pretender
- ↑ McLynn, Frank. 1759: The Year Britain Became Master of the World. Londres: Pimlico, 2005, 84. orr.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonnie Prince Charlie |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McLynn, Frank (2005). 1759: The Year Britain Became Master of the World. Londres: Pimlico.
- McLynn, Frank (1988). Charles Edward Stuart: A Tragedy in Many Acts. Londres: Routledge.
- Kybett, Susan M. (1988). Bonnie Prince Charlie: A Biography of Charles Edward Stuart. New York: Dodd, Mead.
- Douglas, Hugh (1975). Charles Edward Stuart. London: Hale.
- Daiches, David (1973). Charles Edward Stuart: The Life and Ttimes of Bonnie Prince Charlie. Londres: Thames & Hudson.
- Chidsey, Donald Barr (1928). Bonnie Prince Charlie. Londres: Williams & Norgate.
Predecesor: Xacobe VII de Escocia e II de Inglaterra |
Rexente xacobita 1720 – 1788 |
Sucesor: Henry Benedict Stuart, pretendente a ser Henrique IX de Inglaterra e I de Escocia |